Carrán cristado
Carrán cristado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Thalasseus sandvicensis | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Thalasseus sandvicensis' (Latham, 1787) | |||||||||||||||
Distribución: Cría Anual Inverno
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Sterna sandvicensis |
O carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), é unha ave da familia dos Sternidae.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]Ten unha lonxitude entre 37–43 cm, unha envergadura de 85–97 cm e un peso de 250 gramos. Ten o peteiro esvelto e negro, coa punta amarela. Testa branca. Presenta unha pequena crista negra e patas da mesma cor. A especie non presenta dimorfismo sexual. Os xoves teñen manchas pardas na cabeza e na parte superior do corpo.
É unha ave moi gregaria, que garula con frecuencia. Alimentación baseada en peixes que pesca mergullándose. Tamén depreda crustáceos, moluscos e vermes.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Cría en colonias en praias areosas ou illas baixas. Ás veces tamén en augas estancadas que sexan salobres. O período de cría vai de maio a xullo cunha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 22-26 días. Os polos comezan a voar ós 30-35 días.
Distribución
[editar | editar a fonte]Estival no norte de Europa. Invérnante no Sur de Europa e África. Escaso ou inexistente lonxe da costa. Ó revés do carrán do Caspio segue a costa cando emigra.
Non cría en Galicia, pero é relativamente abondosa nos pasos migratorios, especialmente de setembro a outubro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Sterna sandvicensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Illas Cíes: Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas". Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-96203-67-9
- "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal: C 2423-2009
- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega (en castelán).
- Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)