Thanetiano
O Thanetiano ou Tanetiano é, na escala temporal xeolóxica, a idade e piso máis recente dos tres que forman o Paleoceno. Esténdese no tempo entre os 59,2 e os 56 millóns de anos desde o presente. O Thanetiano está precedido polo Selandiano e é seguido polo Ypresiano.
Definición estratigráfica
[editar | editar a fonte]O Thanetiano foi establecido polo xeólogo suízo Eugène Renevier en 1873. O Thanetiano debe o seu nome á zona de Kent (sur de Inglaterra), coñecido como Illa de Thanet. Comparte este nome coa formación Thanet Sand, depósito máis antigo do Cenozoico da Conca de Londres.
A base do piso Thanetiano colócase na base da cronozona magnética C26n. O perfil das referencias (Sección e punto de estratotipo de límite global) atópase na sección Zumaia (43° 18' N, 2° 16' W) na praia de Itzurun, País Vasco.[1]
A parte superior do piso Rupeliano (e inferior da etapa Ypresiana) vén definida por unha forte anomalía nos valores climáticos no Máximo térmico do Paleoceno-Eoceno.
O Rupeliano é coetáneo con unidades utilizadas rexionalmente para as zonas de Mamíferos do Paleóxeno entre a zona MP 6 e parte das zonas MP 1 a MP 5.[2]
- Norteamérica: Tiffaniano e Clarkforkiano.
- Suramérica: Riochiciano e Itaboraiano.
- Asia: parte alta do Nongshaniano e Gashatano.
- Australia: Wangerripiano medio.
- California: alto Yneziano e baixo Zemorriano.
- Superponse tamén ás etapas rexionais obsoletas de Bélxica: Landenianano e Heersiano.
Paleontoloxía
[editar | editar a fonte]A flora de Sézanne é unha asociación paleoflorística conservada nos travertinos de Sézanne (Francia), depósitos de calcarias continentais de auga doce formados durante a idade Thanetiana, cando Europa gozou dun clima tropical. Nos lagerstätte preserváronse fósiles moi detallados de follas, flores e sementes enteiras.
Ademais aparece Eritherium, primeiro representante da familia Proboscidea.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Proposed by Dinarès-Turell et al. (2007), ratified by the IUGS in 2008
- ↑ Alroy, John. "Mammal Paleogene zones". p. The Paleobiology Database. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ Emmanuel Gheerbrant (2009). "Paleocene emergence of elephant relatives and the rapid radiation of African ungulates" 106 (26): 10717–10721. PMC 2705600. PMID 19549873. doi:10.1073/pnas.0900251106.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dinarès-Turell, J.; Baceta, J. I.; Bernaola, G.; Orue-Etxebarria, X. & Pujalte, V. (2007): «Closing the Mid-Palaeocene gap: Toward a complete astronomically tuned Palaeocene Epoch and Selandian and Thanetian GSSPs at Zumaia (Basque Basin, W. Pyrenees)», Earth and Planetary Science Letters, 262: 450–467.
- Gradstein, F.M.; Ogg, J.G. & Smith, A.G.; (2004): A Geologic Time Scale 2004, Cambridge University Press.
- Renevier, E.; (1873): «Tableau des terrains sédimentaires formés pendant les époques de la phase organique du globe terrestre», Bulletin de la Société Vaudoise des Sciences Naturelles (Lausana), 12: 218–252.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- GeoWhen Database - Thanetian
- Paleogene timescale, at the website of the subcommission for stratigraphic information of the ICS
- Stratigraphic chart of the Paleogene, at the website of Norges Network of offshore records of geology and stratigraphy