The Boys (serie de televisión)
The Boys | |
---|---|
![]() | |
Formato |
|
Creado por | Eric Kripke |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | |
Tema de apertura |
|
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 32 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Toronto, Ontario, no Canadá |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 55–68 minutos[1] |
Distribuidor |
|
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Amazon Prime Video |
Formato de imaxe | 4K (UHDTV) HDR |
Primeiro episodio | 26 de xullo de 2019 |
Na rede | |
https://www.primevideo.com/detail/0KRGHGZCHKS920ZQGY5LBRF7MA | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Boys é unha serie de televisión estadounidense de superheroes creada por Eric Kripke para Amazon Prime Video. Está baseada na banda deseñada do mesmo nome de Garth Ennis e Darick Robertson, e conta a historia dun equipo de humanos sen poderes chamados The Boys, que combaten aos superheroes que abusan dos seus poderes. A serie está protagonizada por Karl Urban, Jack Quaid, Antony Starr, Erin Moriarty, Dominique McElligott, Jessie T. Usher, Chace Crawford, Laz Alonso, Tomer Capone, Karen Fukuhara e Nathan Mitchell.
A serie estreouse o 26 de xullo de 2019.[2] Antes da estrea, Amazon renovou "The Boys" para unha segunda tempada, que se estreou o 4 de setembro de 2020.[3][4] Tamén se confirmou unha terceira tempada,[5] que se estreou o 23 de xuño de 2022. O 30 de xaneiro de 2023 estreouse a primeira tempada subtitulada ao galego.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]"The Boys" está ambientado nun universo onde os individuos con superpoderes son recoñecidos como heroes polo público en xeral e son propiedade da poderosa corporación Vought International, que os comercializa e monetiza. Fóra dos seus personaxes heroicos, a maioría son arrogantes e corruptos. A serie céntrase principalmente en dous grupos: "os Sete", o primeiro equipo de superheroes de Vought International, e os Boys do título, vixiantes que buscan manter aos heroes corrompidos baixo control.
The Boys están dirixidos por Billy Butcher, que despreza a todos os superheroes, e os Sete están dirixidos polo egoísta e inestable Homelander. A medida que se produce un conflito entre os dous grupos, a serie tamén segue aos novos membros de cada equipo: Hughie Campbell dos Boys, que se une aos vixiantes despois de que a súa moza sexa asasinada por un dos Sete; e Annie January (Starlight) dos Sete, unha heroína nova e esperanzada obrigada a enfrontarse á verdade sobre os heroes que admira.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Karl Urban como William "Billy" Butcher[7]
- Jack Quaid como Hugh "Hughie" Campbell Jr.[8]
- Antony Starr como John / Homelander[9]
- Erin Moriarty como Annie January / Starlight[10]
- Dominique McElligott como Maggie Shaw / Queen Maeve[11]
- Jessie T. Usher como Reggie Franklin / A-Train
- Laz Alonso como Marvin T. "Mother's" Milk / M.M.
- Chace Crawford como Kevin Moskowitz / The Deep[12]
- Tomer Capone como Serge / Frenchie
- Karen Fukuhara como Kimiko Miyashiro / The Female
- Nathan Mitchell como Earving / Black Noir
- Elisabeth Shue como Madelyn Stillwell[13]
- Colby Minifie como Ashley Barrett
- Aya Cash como Klara Risinger / Liberty / Stormfront
- Claudia Doumit como Victoria "Vic" Neuman / Nadia
- Jensen Ackles como Ben / Soldier Boy]
- Valorie Curry como Firecracker (season 4)
- Susan Heyward como Sister Sage (season 4)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Boys". Amazon. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ Petski, Denise (17 de abril de 2019). "'The Boys' Trailer: First Look At Amazon's Superhero Drama Series". Deadline Hollywood. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ Petski, Denise (19 de xullo de 2019). "'The Boys' Renewed For Season 2 By Amazon; Aya Cash Closes Deal As Stormfront". Deadline Hollywood. Consultado o 19 de xullo de 2019.
- ↑ Gelman, Vlada (26 de xuño de 2020). "The Boys Gets Season 2 Premiere Date". TVLine. Consultado o 26 de xuño de 2020.
- ↑ White, Peter (23 de xullo de 2020). "'The Boys' Renewed At Amazon For Season 3, Streamer Sets Aisha Tyler-Hosted Aftershow – Comic-Con@Home". Deadline Hollywood. Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ @Fansubgalego (ed.). "The Boys subtitulada en galego". Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ Andreeva, Nellie (5 de abril de 2018). "'The Boys': Karl Urban To Play Lead Billy Butcher In Amazon's Superhero Series". Deadline Hollywood. Consultado o 5 de abril de 2018.
- ↑ Andreeva, Nellie (6 de marzo de 2018). "'The Boys': Laz Alonso To Co-Star In Amazon Superhero Series". Deadline Hollywood. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Andreeva, Nellie (17 de xaneiro de 2018). "'The Boys': Antony Starr, Chace Crawford, Dominique McElligott & Jessie Usher Cast In Amazon's Superhero Drama Series". Deadline Hollywood. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Andreeva, Nellie; Petski, Denise (18 de decembro de 2017). "'The Boys': Erin Moriarty Cast In Amazon's Superhero Drama Series Based On Comic Book". Deadline Hollywood. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ "Watch The Boys – Season 2". Prime Video. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ Romano, Nick (9 de outubro de 2020). "How The Boys season 2 crafted its gutsiest season yet". EW.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ Andreeva, Nellie (16 de maio de 2018). "'The Boys': Elisabeth Shue To Co-Star In Amazon Superhero Series". Deadline Hollywood. Consultado o 16 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Boys ![]() |