The Cosby Show
The Cosby Show | |
---|---|
Formato | Comedia de situación |
Creado por | Ed. Weinberger Michael Leeson Bill Cosby |
Desenvolvido por | Carsey-Werner Productions |
Intérpretes | Bill Cosby Phylicia Rashād Sabrina Le Beauf Geoffrey Owens Lisa Bonet Joseph C. Phillips Malcolm-Jamal Warner Tempestt Bledsoe Keshia Knight Pulliam Raven-Symoné Erika Alexander |
Tema de apertura | "Kiss Me", interpretada por: Bobby McFerrin (tempada 4), Oregon Symphony (tempada 5), Craig Handy (tempadas 6–7), Lester Bowie (tempada 8) |
Tema de peche | "Kiss Me" (instrumental) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | inglés |
Episodios | 201 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Marcy Carsey Tom Werner Bernie Kukoff (tempada 7) Janet Leahy (tempada 8) |
Duración | 24–25 minutos (1984–1988) 23–24 minutos (1988–1991) 22–23 minutos (1991–1992) |
Distribuidor | Viacom |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Primeiro episodio | 20 de setembro de 1984 |
Derradeiro episodio | 30 de abril de 1992 |
Na rede | |
http://www.carseywerner.net/cosbyshow_eng.htm | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Cosby Show é unha comedia de situación da televisión protagonizada por Bill Cosby que se estreou o 20 de setembro de 1984 e que permaneceu en antena durante oito tempadas na NBC, ata o 30 de abril de 1992. Foi a serie máis popular dos anos 1980, conseguindo revivir o xénero da comedia de situación e os índices de audiencia da NBC[1].
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A serie xira arredor da familia Huxtable, unha familia afroamericana acomodada do barrio de Brooklyn en Nova York. Inicialmente os produtores ofrecéronllo á ABC e foi a NBC quen o programou, con enorme éxito de público, foi durante cinco tempadas o programa máis visto [2] e del derivouse unha secuela A Different World que se emitiu entre 1987 e 1993.
En total emitíronse 197 episodios (201 contando os episodios dobres).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cosby Show TV Guide News
- ↑ "Classic TV Hits". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2010.