The Dragon Prince
The Dragon Prince | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Aaron Ehasz Justin Richmond |
Dirixido por | Villads Spangsberg Giancarlo Volpe |
Intérpretes | Voces en inglés: Jack DeSena Paula Burrows Sasha Rojen Jason Simpson Racquel Belmonte Jesse Inocalla |
País de orixe | Estados Unidos de América Canadá |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 63 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Aaron Ehasz Justin Richmond Justin Santistevan Giancarlo Volpe Delna Bhesania (tempadas 1-2) Richard Grieve Gigi Pritzker (tempadas 1-2) Tina Chow (tempada 3) Clint Kisker (tempada 3) |
Duración | 25-33 minutos |
Distribuidor | Netflix (América do Norte) PGS Entertainment (internacional) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 14 de setembro de 2018 |
Na rede | |
https://thedragonprince.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Dragon Prince, tamén coñecida como The Dragon Prince: Mystery of Aaravos após o lanzamento da cuarta tempada, é unha serie de televisión fantástica de animación por ordenador creada para Netflix por Aaron Ehasz e Justin Richmond,[1][2] producida por Wonderstorm e animada por Bardel Entertainment. A serie relata as aventuras dos príncipes irmáns Callum e Ezran e a elfa Rayla, que deben coidar do príncipe dragón Azymondias e rematar o conflito entre os reinos humanos e as criaturas máxicas do reino de Xadia, do que proveñen as sete fontes primarias da maxia.
A serie foi aclamada pola crítica polo seu guión, a súa temática, a actuación de voz, a súa animación e o seu humor. A primeira tempada estreouse o 14 de setembro de 2018. A segunda o 15 de febreiro de 2019 e a terceira o 22 de novembro de 2019. A cuarta tempada estreouse o 3 de novembro de 2022, despois dun hiato de 3 anos. A serie renovou contrato por outras tres tempadas máis,[3] con cadanseus nove episodios.[4] Hai en desenvolvemento un videoxogo ambientado no mesmo mundo da serie.[5]
Sagas e episodios
[editar | editar a fonte]Libro | Saga | Título | Episodios | Data de emisión | |
---|---|---|---|---|---|
1 | The Dragon Prince | Moon | 9 | 14 de setembro de 2018 | |
2 | Sky | 9 | 15 de febreiro de 2019 | ||
3 | Sun | 9 | 22 de novembro de 2019 | ||
4 | Mystery of Aaravos | Earth | 9 | 3 de novembro de 2022 | |
5 | Ocean | 9 | 22 de xullo de 2023 | ||
6 | Stars | 9 | 26 de xullo de 2024 | ||
7 | Dark | 9 | 19 de decembro de 2024 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Justin Richmond". IMDb. 2019. Consultado o 8 de decembro de 2019.
- ↑ Patches, Matt; Haasch, Palmer (21 de xullo de 2018). "Avatar: The Last Airbender team's new Netflix show The Dragon Prince drops first trailer". Polygon. Consultado o 21 de xullo de 2018.
- ↑ "The Dragon Prince Renewed for Four More Seasons, Will Finish Saga on Netflix - IGN" (en inglés). 24 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ Freeman, Molly (25 de xullo de 2020). "Dragon Prince Renewed For FOUR More Seasons At Netflix". Screen Rant. Consultado o 28 de xullo de 2020.
- ↑ Clark, Nicole; Zaragoza, Alex (17 de xaneiro de 2019). "Get Hyped for the Upcoming 'Dragon Prince' Game". Vice. Consultado o 18 de xaneiro de 2019.