The Hurricane (filme de 1999)
The Hurricane | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hurricane |
Director | Norman Jewison |
Produtor | Norman Jewison Marc Abraham Armyan Bernstein Thomas Bliss John Ketcham |
Guión | Armyan Bernstein Dan Gordon |
Baseado en | Lazarus and the Hurricane (Sam Chaiton & Terry Swinton) The Sixteenth Round (Rubin "Hurricane" Carter) |
Intérpretes | Denzel Washington Vicellous Reon Shannon Deborah Kara Unger Liev Schreiber |
Música | Christopher Young |
Fotografía | Roger Deakins |
Montaxe | Stephen E. Rivkin |
Estudio | Beacon Pictures |
Distribuidora | Universal Studios (USA) Buena Vista International (internacional) |
Estrea | 29 de decembro de 1999 |
Duración | 145 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | $50 000 000[1] |
Recadación | $73 956 241 |
Na rede | |
http://www.the-hurricane.com/ | |
The Hurricane é un filme estadounidense biográfico dirixido por Norman Jewison que se estreou en 1999. Está protagonizado por Denzel Washington. O guión foi adaptado por Armyan Bernstein e Dan Gordon a partir dos libros Lazarus and the Hurricane: The Freeing of Rubin "Hurricane" Carter (publicado en 1991), e The Sixteenth Round: From Number 1 Contender To #45472 (publicado en 1974). O filme conta a historia dun ex campión de boxeo condenado por un triplo asasinato nun bar de Paterson, Nova Jersey. Tamén describe a súa vida en prisión e a súa posta en liberdade grazas ó amor e compaixón dun adolescente de Brooklyn chamado Lesra Martin e a súa familia de acollida canadense.[2]
O filme recibiu críticas positivas, mais tamén foron criticadas algunhas inexactitudes por parte dalgúns medios e de participantes no xuízo a Carter.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Rubin "Furacán" Carter era un boxeador negro que se sobrepuxo á súa difícil xuventude e converteuse en aspirante ó título dos pesos medios. Porén, os seus soños véñense abaixo cando, en xuño de 1966, foi inxustamente acusado dun triplo asasinato ocorrido nun bar de Nova Jersey. Nun xuízo cheo de erros, Carter foi condenado a tres cadeas perpetuas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Denzel Washington como Rubin "The Hurricane" Carter
- Vicellous Reon Shannon como Lesra Martin
- Deborah Kara Unger como Lisa Peters
- Liev Schreiber como Sam Chaiton
- John Hannah como Terry Swinton
- Dan Hedaya como Sarxento Della Pesca
- Debbi Morgan como Mae Thelma Carter
- Clancy Brown como Tenente Jimmy Williams
- David Paymer como Myron Beldock
- Harris Yulin como Leon Friedman
- Rod Steiger como Xuíz H. Lee Sarokin
- Vincent Pastore como Alfred Bello
- Beatrice Winde como Louise Cockersham
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1999: Nomeado ó Premios Oscar: Mellor actor (Denzel Washington).
- 1999: Globo de Ouro: Mellor actor (Denzel Washington). 3 nomeamentos.
- 2000: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor Actor (Denzel Washington).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Deming, Mark. "The Hurricane". Answers.com. Consultado o 27 de outubro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Hurricane na IMDb (en inglés).
- Ficha en AlMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)