Saltar ao contido

The Irish Times

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Irish Times

Editar o valor en Wikidata
Fundación29 de marzo de 1859
FundadorLawrence Knox
Lingualingua inglesa
LocalidadeDublín
ISSN0791-5144
Na rede
http://www.irishtimes.com
Twitter: irishtimes Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Irish Times é un diario irlandés, publicado en formato stándar ou grande formato (en inglés broadsheet). Foi fundado en 1859 e o seu actual editor é Ruadhan Mac Cormaic que substituíu a Paul O'Neill en 2022. O xornal é considerado o máis influente de Irlanda.[1]

The Irish Times foi fundado polo comandante Lawrence E. Knox, e a súa primeira edición publicouse o 29 de marzo de 1859. A partir de entón, saíu unha nova edición todos os martes, xoves e sábados, até o 8 de xuño dese mes, que pasou a ser diaria.[2]

Após a morte de Knox en 1873, o xornal foi comprado pola familia Arnott, que o controlou durante uns 50 anos. En 1974, pasou a formar parte dunha compañía fiduciaria: a Irish Times Trust.[2]

The Irish Times é publicado principalmente en lingua inglesa, pero ocasionalmente inclúe artigos ou seccións en gaélico irlandés, en particular contidos sobre temas culturais ou de relevancia nacional irlandesa. O uso do gaélico é parte do esforzo para promover e preservar a lingua, unha das dúas linguas oficiais do país xunto co inglés.[3]

  1. George Ferdinand Shaw (1859)
  2. Rev. George Bomford Wheeler (1859–1877)
  3. James Scott (1877–1899)
  4. William Algernon Locker (19011907)
  5. John Edward Healy (1907–1934)
  6. R. M. "Bertie" Smyllie (1934–1954)
  7. Alec Newman (1954–1961)
  8. Alan Montgomery (1961–1963)
  9. Douglas Gageby (1963–1974 e 19771986)
  10. Fergus Pyle (19741977)
  11. Conor Brady (19862002)
  12. Geraldine Kennedy (2002–2011)
  13. Kevin O'Sullivan (2011–2017)
  14. Paul O'Neill (2017–2022)
  15. Ruadhan Mac Cormaic (2022–presente)
  1. Kinsella, Patrick (11-08-2002). "Rivals jostle for top job at Irish Times" (en inglês). Consultado o 26-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 "About us - Short history" (en inglês). Consultado o 26-08-2010. 
  3. "Ceisteanna faoi chóras na ndíolúintí ón nGaeilge ag dul i méid". The Irish Times (en irlandés). Consultado o 2025-01-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]