The O'Rahilly
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1875 Ballylongford (en) |
Morte | 29 de abril de 1916 (41 anos) Dublín |
Causa da morte | morte en combate, morto en combate |
Lugar de sepultura | Glasnevin Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ireland (en) |
Educación | Clongowes Wood College (en) University College Dublin |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua irlandesa e lingua inglesa |
Familia | |
Pai | Richard Rahilly (en) |
Irmáns | Anno O'Rahilly (en) e Nell Humphreys (pt) |
Michael Joseph O'Rahilly, coñecido comunmente coma The O'Rahilly, nado en Ballylongford, condado de Kerry, o 22 de abril de 1875 e finado en Dublín o 29 de abril de 1916, foi un político e revolucionario irlandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aderido dende moi novo á causa republicana e nacionalista irlandesa, viaxou longamente por Estados Unidos e Europa antes de se asentar definitivamente en Dublín. Foi membro fundador dos Voluntarios Irlandeses e líder da súa sección paramilitar. Xunto con Eoin MacNeill e Bulmer Hobson opúxose ao Alzamento de Pascua. Porén, cando a rebelión estalou optou finalmente por se unir a ela, falecendo no transcurso dos combates.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |