The Tribe (serie de televisión)
The Tribe | |
---|---|
Formato | Drama, ficción científica, postapocalíptica |
Creado por | Raymond Thompson Harry Duffin |
Desenvolvido por | Declan Eames (Tempada 1) Debra Kelleher-Smith (Tempadas 2–5) |
Intérpretes | Caleb Ross Beth Allen Meryl Cassie Antonia Prebble Victoria Spence Michael Wesley-Smith Dwayne Cameron Jaimee Kaire-Gataulu |
Tema de apertura | "The Dream Must Stay Alive" Rosalind J (Tempada 1) Meryl Cassie (Tempadas 2–5) |
Tema de peche | "The Dream Must Stay Alive" Rosalind J (Tempada 1) "Abe Messiah" Actores (Tempadas 2–3) "Tribe Spirit" Tribe Sister (Temapadas 4–5) |
País de orixe | Nova Zelandia (Produción) Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 5 |
Episodios | 260 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Raymond Thompson Geoff Husson |
Cámara | Multi-cámara |
Duración | 25 minutos |
Distribuidor | Cloud 9 Screen Entertainment Group Channel 5 |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Channel 5 |
Primeiro episodio | 24 de abril de 1999 |
Derradeiro episodio | 6 de setembro de 2003 |
Na rede | |
https://www.tribeworld.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Tribe é unha serie de televisión británico-neozelandesa. Está ambientada nun futuro onde os adultos morreron por mor dun virus mortal, deixando sós ós nenos do mundo que deben valerse por si mesmos. A serie céntrase nunha cidade sen nome que está habitada por tribos de nenos e adolescentes. Foi rodada principalmente na cidade de Wellington e nos seus arredores.
A serie foi creada por Raymond Thompson e Harry Duffin (a partir dunha idea orixinal de Raymond Thompson) e foi desenvolvida e producida por Cloud 9 Screen Entertainment Group en colaboración coa canle británica Channel 5. Foi emitida en máis de 40 canles de televisión de todo o mundo.[1]
Estreouse no Channel 5 o 24 de abril de 1999 e axiña conseguiu gran cantidade de seguidores entre os adolescentes.[2] Producíronse cinco tempadas e 260 episodios dende 1999 a 2003. A sexta tempada estaba prevista para ser estreada no 2003, pero Nick Wilson, de Channel 5, e Raymond Thompson argüíron que "malia que a serie aínda segue a ir ben, o elenco está a facerse demasiado maior e a serie estaba a alongar demais a proposta central."[3] Como resultado, a serie foi cancelada. Channel 5 emitiu os dous derradeiros episodios o 6 de setembro de 2003.
Unha secuela de The Tribe, The New Tomorrow, foi producida por Cloud 9 e Channel 5 e foi estreada no 2005. Está dirixida a unha audiencia máis nova, de 8 a 12 anos, e conta a historia dos descendentes da serie orixinal[3] cun novo elenco.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carter, Meg (18 de agosto de 2003). "The future of learning?". The Guardian (Londres). Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ "WAM! Premieres 'The Tribe' Season Five in Labor Day Marathon". PRNewswire (Englewood, Colorado). 2 de agosto de 2004. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "New Day Dawns On Cloud 9's Tribe Franchise". TBI Kids' Briefing. 20 de maio de 2005.
- ↑ "Cloud 9 to Produce Sequel Series to The Tribe". World Screen Newsflash (Nova York). 22 de marzo de 2005.