The Woman in the Window (filme de 2021)
The Woman in the Window | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Woman in the Window |
Director | Joe Wright |
Produtor | |
Guión | Tracy Letts |
Baseado en | The Woman in the Window de A. J. Finn |
Intérpretes | |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Bruno Delbonnel |
Montaxe | Valerio Bonelli |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix[1][2] |
Estrea | 14 de maio de 2021 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Suspense psicolóxico |
Orzamento | 40 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
https://www.20thcenturystudios.com/movies/woman-in-the-window | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Woman in the Window é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Joe Wright. O guión foi escrito por Tracy Letts e baséase na novela homónima de 2018, escrita por A. J. Finn. O filme conta a historia dunha muller agorafóbica (Amy Adams) que comeza a espiar aos seus novos veciños (Gary Oldman, Fred Hechinger e Julianne Moore) e é testemuña dun crime dende o seu apartamento. Anthony Mackie, Wyatt Russell, Brian Tyree Henry e Jennifer Jason Leigh completan o elenco.
Producido por Fox 2000 Pictures, o filme estaba previsto para ser estreado nos cinemas a través de 20th Century Studios en outubro de 2019, mais foi adiado até maio de 2020 debido a reedicións posteriores polas malas recepcións de proxeccións iniciais. A estrea nos cinemas foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19 e os seus dereitos foron vendidos a Netflix, que o estreou en liña o 14 de maio de 2021. Logo da súa estrea, o filme recibiu valoracións "mordaces" por parte da crítica, coa maioría das críticas dirixidas á dirección de Wright e ao guión, mais con eloxios ao elenco.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Amy Adams como Dr. Anna Fox
- Gary Oldman como Alistair Russell
- Anthony Mackie como Edward "Ed" Fox
- Fred Hechinger como Ethan Russell
- Wyatt Russell como David Winter
- Brian Tyree Henry como Det. Little
- Jennifer Jason Leigh como Jane Russell #2
- Julianne Moore como Jane Russell #1
- Jeanine Serralles como Det. Norelli
- Mariah Bozeman como Olivia Fox
- Liza Colón-Zayas como Bina
- Tracy Letts como Dr. Landy
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abdul (24 de agosto de 2020). "Woman In The Window: When It Is Heading On Netflix, Every Detail Fans Should Know". The Digital Wise. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2020.
- ↑ Thompson, Anne (28 de agosto de 2020). "Netflix's Oscar Lineup, from David Fincher and Gary Oldman to the Return of Sophia Loren". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Anne Thompson (15 de maio de 2021). "‘The Woman in the Window’ Marks the End of the Old Hollywood System". IndieWire. Consultado o 16 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Woman in the Window na IMDb (en inglés).