Thema de Sicilia
O Thema de Sicilia (en grego: θέμα Σικελίας-Théma Sikelías) era unha provincia bizantina civil-militar (θέμα théma) existente desde finais do século VII até o século X, que abarcaba a illa de Sicilia e a rexión de Calabria na Italia continental. Tras a conquista musulmá de Sicilia, desde 902 o thema quedou limitado a Calabria, pero mantivo o seu nome orixinal até mediados do século X.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde a súa reconquista dos ostrogodos por Belisario en 535-536, Sicilia converteuse nunha provincia gobernada por un pretor, mentres que o exército foi posto baixo un dux[1][2]. A presenza dun strategos (gobernador militar) na illa é rexistrado nas fontes árabes entre 687 e 695, e probabelmente sexa nese momento cando a illa se converteu en thema[3].
O thema foi dirixido desde Siracusa, tradicionalmente a principal cidade de Sicilia. Formou parte non só da illa, que foi dividida en distritos chamados turmai, senón tamén do ducado continental de Calabria (grego: δουκᾶτον Καλαυρίας, Doukáto Calavrías). que se estendía aproximadamente até o río Crati[3][4][5]. Ademais, o strategos de Sicilia exerceu certa autoridade —que variou de acordo coa facción política vixente— sobre os ducados autónomos de Nápoles, Gaeta e Amalfi[6].
A conquista musulmá da illa comezou en 826. Tras a caída de Siracusa en 878 e a conquista de Taormina, en 902, o strategos trasladouse a Rhegion, a capital de Calabria. Durante a primeira metade do século X, os bizantinos lanzaron unha serie de expedicións que non acadaron os seus obxectivos para recuperar a illa e mantiveron uns bastións illados preto de Mesina até 965, cando Rametta, o último reduto bizantino, caeu. O cargo de «strategos de Sicilia», foi mantido como título oficial até mediados do século X, cando o rango de «strategos de Calabria» comezou a aparecer nos rexistros[7][8][9].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kazhdan 1991, p. 1891.
- ↑ Nesbitt & Oikonomides 1994, p. 22.
- ↑ 3,0 3,1 Oikonomides 1972, p. 351.
- ↑ Nesbitt & Oikonomides 1994.
- ↑ Pertusi 1952, p. 179.
- ↑ Brown 2008.
- ↑ Kazhdan 1991, p. 1892.
- ↑ Oikonomides 1972.
- ↑ Pertusi 1952.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, Thomas S. (2008). "Byzantine Italy (680–876)". En Sheppard, Jonathan. The Cambridge History of the Byzantine Empire c. 500–1492 (en inglés). Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. pp. 433–464. ISBN 978-0-521-83231-1.
- Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. (1991). The Oxford Dictionary of Byzantium (en inglés). Nueva York, Nueva York y Oxford, Reino Unido: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6.
- Nesbitt, John W.; Oikonomides, Nicolas, eds. (1994). Catalogue of Byzantine Seals at Dumbarton Oaks and in the Fogg Museum of Art, Volume 2: South of the Balkans, the Islands, South of Asia Minor (en inglés). Washington, District of Columbia: Dumbarton Oaks Research Library and Collection. ISBN 0-88402-226-9.
- Oikonomides, Nicolas (1972). Les Listes de Préséance Byzantines des IXe et Xe Siècles (en francés). Paris, Francia: Editions du Centre National de la Recherche Scientifique.
- Pertusi, A. (1952). Constantino Porfirogenito: De Thematibus (en italiano). Roma, Italia: Biblioteca Apostolica Vaticana.
- Prigent, Vivien; Nichanian, Mikaël (2003). "Les stratèges de Sicile. De la naissance du thème au règne de Léon V". Revue des études byzantines (en francés) 61.