Think of a Number
Aparencia
Think of a Number | |
---|---|
Título orixinal | Think of a Number |
Autor/a | John Verdon |
Ilustrador/a | John Jude Palencar |
Cuberta | John Jude Palencar |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Novela de detectives |
Data de pub. | 2010 |
Páxinas | 509 |
ISBN | ISBN 978-0-307-58892-0 |
Seguido por | Shut Your Eyes Tight |
[ editar datos en Wikidata ] |
Think of a Number é a primeira novela de policías de John Verdon. O seu protagonista é Dave Gurney, un detective xubilado de Nova York.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia comeza cando o señor Mark Mellery recibe unha carta. Enriba dela, hai unha nota na que un descoñecido que di coñecelo moi ben, lle pide que pense nun número entre o un e o mil. Cando abre o sobre, descobre que o número no que pensara é exactamente o mesmo que hai no sobre. Na carta adxunta, demándalle que envíe unha cantidade de cartos a un enderezo postal. Para resolver este misterio que lle está a proer os miolos, acode ó seu vello amigo da universidade, Dave Gurney, un exdetective moi prestixioso que se retirou despois de vinte e cinco anos de servizo.