Thomas Gee
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1815 ![]() Dinbych, Reino Unido ![]() |
Morte | 28 de setembro de 1898 ![]() Dinbych, Reino Unido ![]() |
Residencia | Thomas Gee's house (en) ![]() ![]() |
Educación | Grove Park School, Wrexham (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Dinbych (1845–1898) ![]() |
Ocupación | ministro, político, xornalista, impresor ![]() |
Empregador | Eyre & Spottiswoode (en) ![]() ![]() |
Profesores | William Collister Jones ![]() |
Alumnos | William Hughes ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Sarah Matthews ![]() |
Pai | Thomas Gee ![]() |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica ![]() |
Thomas Gee (nado o 24 de xaneiro de 1815 e morto o 28 de setembro de 1898), foi un predicador nonconformista, xornalista a editor galés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gee naceu en Dinbych. Aos catorce anos entrou na oficina da imprenta do seu pai, pero continuou cos seus estudos de gramática polas tardes. En 1837 marchou a Londres para mellorar os seus coñecementos sobre impresión, e cando volveu a Gales un ano máis tarde, lanzouse na súa obra literaria, educativa e relixiosa, e a partir de 1845 fíxose cargo da empresa familiar converténdoa nunha auténtica editorial, Gwasg Gee. Entre as súas publicacións estaban a famosa revista trimestral Y Traethodydd ("O ensaísta"), Y Gwyddoniadur Cymreig ("Encyclopaedia Cambrensis"), e Dr. Silvan Evans; English-Welsh Dictionary (1868), pero o seu meirande logro neste ámbito foi a revista Baner Cymru ("A bandeira de Gales"), fundada en 1857 e fusionada con Yr Amserau ("Os tempos") dous anos máis tarde so o nome de Baner ac Amserau Cymru.
Esta publicación pronto foi vista como unha especie de oráculo en Gales, e desempeñou un gran papel na promoción do movemento nacionalista e de home rule no país. En cuestións educativas emprendeu unha loita longa exitosa a favor de escolas non confesionais e do establecemento dun sistema escolar intermedio. Avogou entusiasticamente pola separación Igrexa-Estado, e tivo un memorábel duelo xornalístico co Doutor John Owen sobre este asunto. A Eisteddfod atopou nel un amigo coidadoso e un sabio conselleiro. A autoridade da súa presenza, mestría na dicción e voz resoante fixeron del un efectivo orador. Ordenouse na igrexa metodista calvinista, en Bala en 1847, e entregou o seu tempo e o seu talento xenerosamente á Escola Dominical e ao Movemento pola Temperanza. Ao longo da súa vida creu máis no ministerio gratuíto itinerante que no fixo. Cando morreu en 1898, o seu funeral foi o máis impoñente que se vira nunca no norte de Gales.