Thomas Kent
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1865 Castlelyons (en) |
Morte | 9 de maio de 1916 (50 anos) Collins Barracks (en) |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | revolucionario |
Carreira militar | |
Lealdade | Óglaigh na hÉireann |
Conflito | Alzamento de Pascua |
Outro | |
Condenado por | asasinato |
Thomas Kent (en irlandés Tomás Ceannt) nado en Castlelyons no Condado de Cork (Irlanda) en 1865 e finado no cuartel militar de Collins Barracks no Condado de Cork (Irlanda) o 9 de maio de 1916, foi un nacionalista irlandés condenado a morte por un consello de guerra e fusilado tras un tiroteo coa Royal Irish Constabulary (RIC) o 2 de maio de 1916, pouco tempo despois do Alzamento de Pascua.
A Alzamento de Pascua[editar | editar a fonte]
Thomas Kent formaba parte dunha importante familia nacionalista que vivía en Bawnard House, Castlelyons, Condado de Cork. Estaban preparados para tomar parte no Alzamento de Pascua, mais cando a orde de mobilización foi revogada, permaneceron na casa. O Alzamento, non obstante, foi adiante en Dublín, e a RIC foi enviada para deter simpatizantes coñecidos no país incluíndo, mais non limitado, a membros coñecidos da Irmandade Republicana Irlandesa, Sinn Féin, e os Voluntarios Irlandeses. Cando a residencia Kent foi atacada encontráronse coa resistencia de Thomas e os seus irmáns Richard, David e William. Durante o tiroteo, que durou catro horas, o oficial da RIC Head Constable William Rowe foi morto e David Kent resultou seriamente ferido. Ao final os Kent foron obrigados a renderse, aínda que Richard fixo unha última carreira pola liberdade e foi fatalmente ferido.
Xuízo e execución[editar | editar a fonte]
Thomas e William foron xulgados por unha corte marcial polo asasinato do Head Constable Rowe. William foi absolvido, mais Thomas foi sentenciado a morte e fusilado en Cork o 9 de maio de 1916. David Kent foi levado a Dublín, onde foi acusado do mesmo delito, declarado culpable e sentenciado a morte, mais a pena foille conmutada e finalmente foi condenado a cinco anos de servidume penal. Á parte do caso singular de Roger Casement, Thomas Kent foi a única persoa de fóra de Dublín executada polo seu papel nos acontecementos da Semana Santa. Foi enterrado en Collins Barracks, Cork (anteriormente Victoria Barracks).
Ferrocarril[editar | editar a fonte]
A principal estación de ferrocarril da cidade de Cork, a Kent Station recibe o seu nome en homenaxe a Thomas Kent.