Thomas Osman
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1950 (74 anos) Eritrea |
Bispo diocesano | |
4 de outubro de 2001 – ← Luca Milesi Diocese: Ethiopian Catholic Eparchy of Barentu (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2002–), sacerdote católico (1977–) |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores Capuchinos |
Consagración | Zekarias Yohannes (en) |
Thomas Osman, nado o 25 de maio de 1950 en Lemuna (hoxe na rexión de Gash-Barka, Eritrea),[1][2] é un relixioso católico eritreo, bispo de Barentu dende 2001.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou nos capuchinos o 13 de xullo de 1969,[1] facendo os votos perpetuos o 19 de xullo de 1976.[1] Foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores Capuchinos o 10 de xullo de 1977 en Asmara,[1][2] e exerceu o seu ministerio durante 10 anos na misión de Gurage, na arquieparquía de Adís Abeba; á súa volta a Eritrea traballou cos kunama.[1]
O 4 de outubro de 2001 foi nomeado bispo de Barentu.[1][2] Recibiu a consagración episcopal de mans do bispo emérito de Asmara Zekarias Yohannes o 13 de xaneiro de 2002.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (4 de outubro de 2001). "Rinunce e nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0548).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Annuario Pontificio per l'anno 2009. Roma: Libreria Editrice Vaticana. p. 90.