Thomas Reiter
Aparencia
Thomas Arthur Reiter, nado en Frankfurt o 23 de maio de 1958, é un astronauta alemán que formou parte das misións STS-116, STS-121 e Soiuz TM-22 e foi membro das expedicións 13 e 14 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reiter graduouse en tecnoloxía aeroespacial pola Universidade de Neubiberg/Munich, onde ten tamén un doutoramento honorario. Foi seleccionado como astronauta pola ESA en 1992, participando nas misións STS-116, STS-121 e Soiuz TM-22 e sendo membro das expedicións 13 e 14 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 350,23 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Reiter, Thomas Arthur" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (xuño de 2011). "Thomas Reiter" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Reiter |