Saltar ao contido

Tianhui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tianhui é unha serie de satélites de observación terrestre da República Popular da China.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites Tianhui son satélites de observación da Terra operados polo Exército Popular de Liberación. Están destinados á busca e xestión de recursos naturais.[1]

Tianhui-1 1, 2, 3 e 4

[editar | editar a fonte]

Os catro satélies Tianhui de primeira xeración foron lanzados entre 2010 e 2021 a bordo de foguetes CZ-2D. Teñen capacidade estereográfica e foron construídos pola corporación Hangtian Dongfanghong Weixing e pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST). Orbitan a 500 km de altura en órbitas heliosincrónicas e usan paneis solares para xerar a súa enerxía. A bordo levan unha cámara catrográfica cunha resolución de 5 m e unha cámara multiespectral cunha resolución de 10 m.[2]

Tianhui-2 1A, 1B, 2A e 2B

[editar | editar a fonte]

Os Tianhui-2 usan como método de observación un radar de apertura sintética na banda das microondas (banda X). Os catro Tianhui-2 foron satélites por pares, o primeiro en 2019 e o segundo en 2021, usando foguetes CZ-4B. Cada para traballa conxuntamente, voando en formación en órbitas de 500 km de altura. A resolución do sistema é de 3 m.[3]

Tianhui-4

[editar | editar a fonte]

O Tianhui 4 foi lanzado o 29 de decembro de 2021 mediante un foguete CZ-2D. Os detalles técnicos deste satélite son descoñecidos.[4]

Tianhui 5A, 5B, 5C e 5D

[editar | editar a fonte]

Os Tianhui 5A e 5B foron lanzados o 31 de outubro de 2023, mentres que os 5C e 5D o foron o 4 de xullo de 204, todos mediante foguetes CZ-6A. Os detalles técnicos destes satélites tamén son descoñecidos.[5]

Tianhui-6A e 6B

[editar | editar a fonte]

Foron lanzados o 9 de marzo de 2023 mediante un foguete CZ-4C. Foron desenvolvidos por Aerospace Dongfanghong Satellite, pero o seu propósito é descoñecido.[6]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][6] Notas[1][2][3][4][6]
Tianhui-1 1 24 de agosto de 2010 CZ-2D Éxito
Tianhui-1 2 6 de maio de 2012 CZ-2D Éxito
Tianhui-1 3 26 de outubro de 2015 CZ-2D Éxito
Tianhui-2 1A 29 de abril de 2019 CZ-4B Éxito
Tianhui-2 1B 29 de abril de 2019 CZ-4B Éxito
Tianhui-1 4 29 de xullo de 2021 CZ-2D Éxito
Tianhui-2 2A 18 de agosto de 2021 CZ-4B Éxito
Tianhui-2 2B 18 de agosto de 2021 CZ-4B Éxito
Tianhui-2 4 29 de decembro de 2021 CZ-2D Éxito
Tianhui-6A 9 de marzo de 2023 CZ-4C Éxito
Tianhui-6B 9 de marzo de 2023 CZ-4C Éxito
Tianhui-5A 31 de outubro de 2023 CZ-6A Éxito
Tianhui-5B 31 de outubro de 2023 CZ-6A Éxito
Tianhui-5C 4 de xullo de 2024 CZ-6A Éxito
Tianhui-5D 4 de xullo de 2024 CZ-6A Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Tianhui" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Tianhui 1-01, 1-02, 1-03, 1-04 (TH 1-01, 1-02, 1-03, 1-04)" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Tianhui 2-01, 2-02 (TH 2-01, 2-02)" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Tianhui 4 (TH 4)" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Tianhui 5A, 5B, 5C, 5D (TH 5A, 5B, 5C, 5D)" (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Tianhui 6 (TH 6)" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]