Tim Kruger
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Marcel Bonn ![]() 25 de xaneiro de 1981 ![]() Düsseldorf, Alemaña ![]() |
Morte | 1 de marzo de 2025 ![]() Mallorca, España ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente doméstico ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor pornográfico, modelo ![]() |
Período de actividade | 2006 ![]() ![]() |
Sitio web | timtales.com… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Marcel Bonn, nado o 25 de xaneiro de 1981 en Düsseldorf (daquela RFA) e finado en Mallorca[1] o 1 de marzo de 2025, coñecido profesionalmente polo alcume de Tim Kruger, foi un actor, produtor e director de cinema pornográfico alemán. A súa carreira durou dúas décadas e foi coñecido pola produtora e sitio web TimTales, fundada en 2009, centrados no porno gai, e onde cultivou a estética "afeccionada".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesionalmente, formouse en administración de empresas.[2]
Na mocidade Kruger mudouse a Berlín, onde comezou a traballar nunha tenda de artigos e contidos pornográficos. Desde alí iniciou os seus contactos para traballar na industria do cinema pornográfico, que comezou en 2006[2]. Kruger saíu en producións de varios estudios, incluíndo Cazzo Film, Hot House, e Raging Stallion Studios.[3] Actuou en filmes coma DeskTops, Pizza Cazzone, Tim's Tool, Wood Work, Hot House Backroom, Vol. 10 ou The Deep End[3][4].
En 2009, Kruger e mailo mozo, Grobes Geraet, botaron a andar unha produtora de seu, TimTales, que tiña tamén un espazo de venda online de contido pornográfico (curtametraxes e mediametraxes). Kruger facía de director, produtor e actor, e o mozo de operador de cámara.[4] A produtora e o web centráronse no cinema porno gai, e nun estilo realista "afeccionado"[4] (a ficción consiste en simular que as persoas e as escenas en que actúan non son profesionais). O feito de contar con produtora de seu non lle impediu seguir actuando para outras produtoras[4].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 2005 comezou a saír co tamén alemán Grobes Geraet e en 2011 mudáronse a vivir a Barcelona[3][5].
Kruger finou na casa aos 44 anos.[2][6] Algunhas fontes sinalan Barcelona, pero o edición balear do xornal Ara apunta a Mallorca[1][7]. O mozo fixo público un comunicado onde, se ben non sinalaba exactamente a causa do falecemento, mencionaba que fora un accidente e que non fora nin suicidio, nin morte violenta, nin sobredose.[6][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mor l'actor porno Tim Kruger a Mallorca". Ara Balears (en catalán). 2025-03-03. Consultado o 2025-03-03.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Popular Gay Pornstar Tim Kruger Has Died". IN Magazine (en inglés). Consultado o 3/3/2025.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Tim Kruger Alerte Roux". Pop and Films (en francés).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Adams, JC (23/4/2009). "Performer Tim Kruger Revamps Web Identity". XBIZ (en inglés). Consultado o 3/3/2025.
- ↑ "Tim Kruger Official". www.instagram.com. Consultado o 2025-03-03.
- ↑ 6,0 6,1 Sim, Bernardo (1/3/2025). "Tim Kruger, gay adult film star and TimTales founder, dies". Out (en inglés). Consultado o 3/3/2025.
- ↑ "Muere a los 44 años Tim Kruger, actor de cine gay para adultos y creador de TimTales, durante un accidente doméstico en Mallorca". El Mundo (en castelán). 2025-03-03. Consultado o 2025-03-05.