Saltar ao contido

Timuhala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Timuhala foi unha cidade dos kaskas. Nos "Feitos de Suppiluliumas" é cualificada como "unha cidade das principais dos kaskas". O rei hitita Suppiluliumas I atacouna, e tivo que se render sobre o -1330.

Segundo Matthews & Glatz[1] estaría ao norte da actual Kargı ao leste dos montes Ilgaz, na provincia turca de Çorum.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matthews, Roger; Glatz, Claudia (2009). "The historical geography of north-central Anatolia in the Hittite period: texts and archaeology in concert". Anatolian Studies (59): 51–72.  p, 69