Tino di Camaino
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1280 ![]() Siena, Italia ![]() |
Morte | 1337 (Gregoriano) ![]() Nápoles, Italia ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nápoles (1323–1337) Florencia (1321–1323) Siena (1315–1320) Pisa (1306–1315) ![]() |
Ocupación | escultor, arquitecto ![]() |
Profesores | Giovanni Pisano e Camaino di Crescentino (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Camaino di Crescentino ![]() |
![]() |
Tino di Camaino, nado en Siena contra o 1280 e finado en Nápoles contra o 1337, foi un escultor italiano do período gótico.
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Fillo de Camaino di Crescentino, arquitecto sienés, foi discípulo de Giovanni Pisano, a quen axudou na realización dos relevos da fachada do Duomo de Siena. Seguiu o seu mestre cando se trasladou a Pisa, onde foi nomeado mestre de obras da Catedral (1311). Executou nese período o Monumento fúnebre de Henrique VII (1315). Alí mesmo en Siena, onde estivo entre 1315 e 1320, realizou tamén, en 1317, outro monumento funerario, o do cardeal Petroni. O seu Monumento fúnebre do bispo Orso foi executado para o Duomo de Florencia despois de 1321.
En Florencia
[editar | editar a fonte]Outras obras famosas do seu período fiorentino son a Madonna do Museo Nacional do Bargello e máis a Caridade do Museo Bardini, ademais da Tumba de Gastone della Torre, conservada no Museo da basílica da Santa Croce.
En Nápoles
[editar | editar a fonte]Desde 1323 traballou en Nápoles, ao servizo de Roberto d'Angiò, onde realizou numerosos monumentos funerarios: en 1323 o de Catarina de Austria na San Lorenzo Maggiore; arredor de 1325 o da raíña María de Hungría na Santa Maria Donnaregina. Para Santa Clara, xa nos últimos anos da súa vida, realizou os sepulcros de Carlo de Calabria e de María de Valois.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tino di Camaino |