Tiruleque
Aparencia
Tiruleque | |
---|---|
Foto do grupo en 2018. | |
Orixe | A Coruña, Galicia |
Período | Dende 2002 |
Xénero(s) | Folk, Música tradicional galega |
Membros | De esquerda a dereita:
Miguel Horjales Luis García Álex Fente José A. Vázquez Antón Bueno Serxo Núñez Fer Román |
Antigos membros | Aarón Ulloa Pablo Pintor Daniel Carballo |
Na rede | |
Tiruleque.com | |
Tiruleque é un grupo de folk galego creado en 2002 na Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tiruleque naceu como banda en 2002, en formato de quinteto tradicional. O proxecto, formado por cinco rapaces procedentes da música tradicional e con inquedanzas musicais compartidas, mesturou as fontes da tradición da música galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- con outras influencias. Ao longo dos anos o grupo incorporou distintos instrumentos de cara a acadar maior expresión, maiores posibilidades e un son propio.
Actuaron en festivais de música tradicional e folk de Galicia.
Membros
[editar | editar a fonte]- Antón Bueno (contrabaixo)
- Álex Fente (acordeón)
- Luis García (bombo con pratos, percusións, coros)
- Miguel Horjales (caixa, percusións, coros)
- Serxo Núñez (clarinete, gaita, percusións, voz)
- Fer Román (saxo, clarinete, ukelele)
- José A. Vázquez (gaita, saxo, percusións)
Discografía
[editar | editar a fonte]- Tiruleque (2009)
- Mu!! (2013)
- Outro que tal baila (2018)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tiruleque |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Podcast de Tiruleque en Ivoox.com.