Saltar ao contido

Titian Peale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTitian Peale

Fotografía de Titian Ramsay Peale
na súa ancianidade
Nome orixinalTitian Ramsay Peale
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1799
Filadelfia, Pensilvania
Morte13 de marzo de 1885
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Laurel Hill (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeestadounidense
Actividade
Campo de traballoDebuxo Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDebuxo e acuarela
Historia natural
Entomoloxía
Fotografía
Xénero artísticoArte de paisaxes Editar o valor en Wikidata
MovementoVolcano school (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
18 de agosto de 1838Expedição de Exploração dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaPeale Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisCharles Willson Peale Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth DePeyster Peale Editar o valor en Wikidata
IrmánsRaphaelle Peale
Rembrandt Peale
Rubens Peale Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Peale-25 Find a Grave: 22728 Editar o valor en Wikidata


Titian Ramsay Peale, nado en Filadelfia o 17 de novembro de 1799, e finado o 13 de marzo de 1885,[1] foi un artista, naturalista e explorador estadounidense.

Foi un ilustrador científico cuxas pinturas e debuxos da vida salvaxe foron moi recoñecidos pola súa beleza e precisión. Participou como naturalista en varias exploracións científicas, en particular acompañou a Stephen Harriman Long en 1819 na explorción das Montañas Rochosas, e despois serviu na Expedición Wilkes ou Expedición exploratoria dos Estados Unidos para o estudo do océano Pacífico dirigida pola Armada dos Estados Unidos (1838-1842).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Peale retratado polo seu pai, 1819.

Peale naceu o 17 de novembro de 1799 en Filadelfia. Foi o fillo máis novo do notábel artista e naturalista Charles Willson Peale. Dedicouse por primeira vez ao estudo da historia natural mentres asistía ao seu pai nas súas moitas excursións en busca de espécimes para o Museo Peale.[2]

A familia mudouse a Germantown, Philadelphia (Pensilvania), fóra de Filadelfia, onde comezou a coleccionar e debuxar bolboretas e outros insectos.
Aínda que algunhas das súas ilustracións de bolboretas e avelaíñas foron publicadas, a maioría permaneceu inédita até hai pouco.[2]

Do mesmo xeito que os seus irmáns máis vellos, Raphaelle, Rembrandt e Rubens Peale, Titian axudou ao seu pai a preservar as mostras do Museo para a súa exhibición, que incluía achegas de George Washington, Thomas Jefferson e da Expedición de Lewis e Clark.

Os seus debuxos publicáronse na American Entomology de Thomas Say xa en 1816, sendo elixido pouco despois como membro da Academia de Ciencias Naturais da Universidade Drexel.

Peale participou na expedición de 1817 da Academia de Ciencias Naturais a Florida e Xeorxia, xunto con Thomas Say, George Ord e William Maclure. Foi axudante de Say na expedición ás Montañas Rochosas ao mando de Stephen Harriman Long en 1819. A colección enviada á Academia de Ciencias Naturais de Philadelphiia desta expedición incluíu 122 debuxos de Peale. Adquiriu un pavo salvaxe para as coleccións do Museo.

Automeris io, 1833.

Peale forneceu ilustracións para a American Entomology de Say (1824–28) e a American Ornithology de Charles Lucien Bonaparte (1825–1833). Tamén realizou unha expedición de recolección a Florida en nome de Bonaparte.

En 1831, Peale publicou un panfleto coñecido como Circular of the Philadelphia Museum: Containing Direction for the Preservation and Preparation of Objects of Natural History. O Museo Peale continuou a gañar unha reputación mundial. Desenvolveu un método eficaz para almacenar bolboretas en caixas seladas con frontes e costas de vidro. Como resultado, algunhas partes da súa colección conserváronse até a actualidade. A súa meticulosa colección de máis de 100 especies de bolboretas foi a miúdo eloxiada polo brillo e vitalidade das cores dos insectos.

En 1838, dous anos despois de que Charles Darwin regresara da súa viaxe no Beagle, Peale abandonou o seu traballo no Museo para navegar a bordo do Peacock como naturalista xefe da Exploración Wilkes (1838-1842).[3] Como naturalista xefe, recolleu e conservou varios exemplares de historia natural, moitos dos cales empaquetou e volveu ao Museo. O informe da expedición de Peale, Mammalia and Ornithology (1848), foi desbotado debido a obxeccións de Wilkes e John Cassin. Cassin foi contratado para escribir un volume corrixido, que se publicou en 1858.

Durante a expedición, Wilkes nomeou como Peale Passage a un estreito do noroeste do actual estado de Washington na honra de Titian Peale.[4]

O 1 de maio de 1843, as presións financeiras obrigaron a Peale a vender o Museo. Peale pasou a traballar para a United States Patent and Trademark Office e converteuse nun fotógrafo pioneiro norteamericano.

Peale foi tamén o autor dos deseños de varias moedas estadounidenses posteriormente gravadas por Christian Gobrecht na ceca de Filadelfia, da Casa da Moeda dos Estados Unidos.[5]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Peale emprégase para recoñecer a Titian Peale como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Sterling 1997.
  2. 2,0 2,1 Calhoun, J. V. & D. M. Wright 2016.
  3. Adler, A. (1 de maio de 2011). "From the Pacific to the Patent Office: The US Exploring Expedition and the origins of America's first national museum". Journal of the History of Collections (en inglés) 23 (1): 49–74. ISSN 0954-6650. doi:10.1093/jhc/fhq002. 
  4. Phillips, James W. (1971). Washington State Place Names. University of Washington Press. ISBN 0-295-95158-3. 
  5. Taxay, D. (1966). The U.S. Mint and Coinage. New York [reimpreso en 1983. ISBN 0-915262-68-1]. Páxina 109.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]