Titie Said
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1935 Bojonegoro, Indonesia (pt) |
Morte | 24 de outubro de 2011 (76 anos) Iacarta, Indonesia |
Educación | Universidade da Indonésia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Sitti Raya Kusumowardani, nada en Bojonegoro (Jawa Timur)[1] o 11 de xullo de 1935 e finada en Iacarta o 24 de outubro de 2011, foi unha xornalista[2] e escritora indonesia[1] en lingua malaia, coñecida co pseudónimo de Titie Said.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Malang[3] e na Universidade de Indonesia.[1] En 1958 comezou a traballar como xornalista nunha revista feminina. Foi editora das revistas Kartini e Famili.[2] Dirixiu o Servizo Indonesio de Censura no Cinema en dúas etapas, de 2003 a 2006 e de 2006 a 2009.[1]
Escribiu máis de 25 novelas, entre elas Jangan Ambil Nyawaku ("Non tomes a miña vida"), Reinkarnasi ("Reencarnación"), Fatima, Ke Ujung Dunia ("Ata a fin do mundo") e Prahara Cinta ("Tempestade de amor"). Varios dos seus libros foron levados ao cinema.[2]
Faleceu no Hospital Medistra de Iacarta logo dun ictus.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Senior novelist Titie Said dies". Jakarta Post. 24 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sabarini, Prodita (29 de marzo de 2011). "Titie Said: Writing with passion". Jakarta Post.
- ↑ Miller, Jane Eldridge (2002). Who's who in Contemporary Women's Writing. pp. 286–87. ISBN 0415159814.