Tityus serrulatus
Tityus serrulatus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar de Tityus serrulatus. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Tityus serrulatus Lutz & Mello, 1922 |
Tityus serrulatus é unha especie de escorpión da familia Buthidae. É orixinario do Brasil e o seu veleno é extremadamente tóxico.[1] É o máis perigoso escorpión de América do Sur, sendo responsábel de moitos encontros fatais cos seres humanos.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Os exemplares adultos polo xeral miden entre 5–7 cm de lonxitude.[3] Ten as patas (8 en total) e os pedipalpos de cor amarela pálida, cun ton máis escuro de marrón amarelento no tronco, nos dedos e na punta da cola.[3] Como outros membros da familia Buthidae, T. serrulatus ten unha cola bulbosa, a miúdo orientada nunha curva cara a adiante sobre o lombo, que está segmentado, con cristas e estrías prominentes.[3] A cola ten na punta unha puga que inxecta veleno que é quen de inmovilizar a presa ou lanzar golpes defensivos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Daniel Strickman, Stephen P. Frances & Mustapha Debboun (2009). Prevention of Bug Bites, Stings, and Disease. Oxford University Press. p. 236. ISBN 978-0-19-536578-8.
- ↑ Cologna, Camila T.; Marcussi, Silvana; Giglio, Jose R.; Arantes, Andreimar M. Soares and Eliane C. (2009-07-31). "Tityus serrulatus Scorpion Venom and Toxins: An Overview". Protein & Peptide Letters (en inglés). Consultado o 2020-10-14.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mario da Rosa, Conrado; Abegg, Arthur Diesel; Borges, Leandro Malta; Bitencourt, Gabriela S. S; Di Mare, Rocco Alfredo (26 de xaneiro de 2015). "New record and occurrence map of Tityus serrulatus Lutz & Mello, 1922 (Scorpiones, Buthidae) in the state of Rio Grande do Sul, southern Brazil". Check List 11 (1): 1556. ISSN 1809-127X. doi:10.15560/11.1.1556.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tityus serrulatus ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tityus serrulatus |