Sitio arqueolóxico de Tiya
Aparencia
(Redirección desde «Tiya»)
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Etiopía | |||
Rexións | Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | |||
Data | 1980 (4ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) | |||
Identificador | 12 | |||
Tiya é un sitio arqueolóxico que se atopa en Etiopía central. Atópase na zona Gurage da Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur, ó sur de Adís Abeba.
Atópase preto da cidade de Tiya, e contén trinta e seis monumentos, dos que trinta e dúas son estelas gravadas con símbolos que non foron descifrados. As estelas, dun a cinco metros de altura e diferentes formas, están aliñadas en dirección norte-noroeste ó longo de corenta e cinco metros. As tres últimas atópanse no mesmo aliñamento, pero separadas sesenta metros das demais; o gravado dunha delas é unha figura antropomorfa. Arredor das estelas atopáronse varias tumbas.
As estelas datáronse entre os séculos XIV e XVI, e algúns autores relaciónannas co Reino Etíope Axumita.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roger Joussaume (editor), Tiya, l'Éthiopie des Mégalithes, du Biface a l'Art Rupestre dans laCorne d'Afrique (París: UNESCO/CNS, 1995).