Toñito Blanco
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Blanco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 A Coruña, España |
Morte | 1994 (29/30 anos) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, actor |
Antonio "Toñito" Blanco, nado na Coruña en 1964, e finado en 1994, foi un guionista, actor e director de cinema galego. É coñecido por ser un dos creadores do programa Xabarín Club da TVG,[1] e codirector do filme de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos xunto con Ricardo Llovo, un dos poucos exemplos do cinema gore galego.
Foi actor e guionista na serie Composteláns e colaborou como experto en banda deseñada no magazine A tumba aberta. Tamén escribiu recensións e guións para televisión, traballando no departamento de promocións da TVG.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como actor
[editar | editar a fonte]- Composteláns (serie de televisión, 1989)
Como director
[editar | editar a fonte]- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993)[2]
- Xabarín Club (1994)
Programas de televisión
[editar | editar a fonte]- A tumba aberta (1988)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xabarín Club cumple 26 años: el programa infantil gallego que conquistó a una generación". El Español. 19 de abril de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ Castro de Paz 1996, pp. 181-212
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-22-6.