Saltar ao contido

Todo Dia a Mesma Noite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todo Dia a Mesma Noite
FormatoDrama
Creado por
Desenvolvido porMariza Leão
Dirixido por
Intérpretes
País de orixe Brasil
Lingua(s)Portugués
Temporadas1
Episodios5
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Mariza Leão
  • Gustavo Lipsztein
  • Tiago Rezende
CámaraCámara única
Duración35-40 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Formato de imaxe4K (Ultra HD)
Primeiro episodio25 de xaneiro de 2023
Na rede
IMDB: tt16427924 Allocine: 31482 Rottentomatoes: tv/the_endless_night Netlix: 81218409 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Todo Dia a Mesma Noite é unha miniserie brasileira producida por Netflix en colaboración con Morena Filmes e estreada o 25 de xaneiro de 2023.[1] Está baseada no libro Every Day at the Same Night: The Untold Story of Kiss Nightclub da xornalista Daniela Arbex, e foi adaptado por Gustavo Lipsztein e dirixida por Júlia Rezende e Carol Minêm. Na historia fálase do incendio da discoteca Kiss, unha traxedia que matou 242 persoas en Santa María, Río Grande do Sur, na madrugada do 27 de xaneiro de 2013.[2][3]

Na madrugada do 27 de xaneiro de 2013, na cidade de Santa María, no interior do Río Grande do Sur, un tráxico incendio na discoteca Kiss deixou 242 mortos e 636 feridos graves, converténdose na segunda traxedia máis grave do Brasil en canto ao número de mortos nun incendio. As vítimas foron na súa maioría estudantes da Universidade Federal de Santa María e a festa foi organizada por estudantes universitarios para recadar cartos para a graduación. No primeiro episodio preséntase a historia duns mozos e as súas relacións familiares: Mari quixo celebrar o seu vixésimo aniversario coas súas amigas; Felipinho quixo aproveitar ao máximo aquela noite xa que vive no campo; Guilherme viaxou dende a casa dos seus pais en São Paulo para visitar a irmá; Marco volveu despois de catro anos vivindo en Australia; e a estudante Grazi é convencida por Antônio de gozar da vida e desconectar dos seus estudos durante un tempo.

A partir desta traxedia, a serie segue as investigacións dos policías João e Tereza sobre a neglixencia dos donos da discoteca e a falsa inspección do concello; a dificultade dos superviventes Grazi e Fernando para volver á normalidade; e a loita dos pais dos mozos por meter no cárcere aos culpables, topando cos fiscais Avelar e Monteiro, que tratan de evitar que os políticos implicados se vexan involucrados.[4]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Intérprete Personaxe
Thelmo Fernandes Pedro Leal[5]
Débora Lamm Silvana Leal (Sil)
Bianca Byington Ana / Meire Coutinho Campos
Paulo Gorgulho Ricardo Martins
Leonardo Medeiros Geraldo Alberto Ramos Fontes
Bel Kowarick Telma Ramos Fontes
Raquel Karro Lívia Martins
Cândido Damm Felipe Campos
Erom Cordeiro Delegado João Portella
Laila Zaid Delegada Tereza Rocha[6]
Leandro Daniel Promotor Celso Avelar
Lourinelson Vladmir Promotor Frederico Monteiro
Paola Antonini Grazi
Nicolas Vargas Fernando Diniz
Bruno Sigrist Anderson Pargo (Dedé)
Bruno Padilha Thales Pargo
Álamo Facó Vicente Adriano de Pádua
Fernando Roncato Roberto Moreira (Beto)
Flávio Bauraqui Bruno Fontinelli
Pablo Sanábio Dr. Bernardes
Otto Jr Moacyr
Mafê Medeiros Juliana Leal
Pedro Sol Victorino Luis Martins

Controversia

[editar | editar a fonte]

Unhas 40 familias das vítimas da traxedia da discoteca Kiss anunciaron que pretenden denunciar a Netflix por suposta explotación comercial. Un dos familiares dixo á prensa que a plataforma nin sequera informou do lanzamento dunha serie dramática sobre a traxedia, nin tiña permiso para producila.[7] Amigos e familiares crearon un grupo de WhatsApp para discutir o asunto. O avogado dos familiares tamén pediu un acordo coa plataforma para que parte do beneficio xerado pola obra se reverta na construción dun monumento ás 242 vítimas, ademais de entregar valores aos familiares e superviventes. Segundo o avogado, algúns retomaron terapias e tratamentos psicolóxicos pola divulgación do contido.[8] A Asociación de Familiares de Vítimas e Superviventes da Traxedia de Santa María (AVTSM) negou que demandará a Netflix pola produción da serie xa que tiñan coñecemento da produción.[9]

  1. Redação, ed. (2/01/2023). "'Todo Dia a Mesma Noite': Netflix anuncia série sobre a tragédia na boate Kiss". Éstadão. Consultado o 2/01/2023. 
  2. Redação, ed. (2/01/2023). "Série da Netflix sobre a tragédia da boate Kiss estreia em janeiro". Diários SM. Arquivado dende o orixinal o 20/12/2022. Consultado o 2/01/2023. 
  3. Redação, ed. (2/01/2023). "Conheça o elenco de Todo Dia a Mesma Noite, série sobre a Boate Kiss". Metrópoles. Consultado o 2/01/2023. 
  4. Redação, ed. (2/01/2023). "Todo Dia a Mesma Noite". Netflix. Consultado o 2/01/2023. 
  5. Redação, ed. (2/01/2023). "SÉRIE SOBRE TRAGÉDIA DA BOATE KISS SERÁ LANÇADA PELA NETFLIX EM JANEIRO". Aventura na História. Consultado o 2/01/2023. 
  6. Redação, ed. (2/01/2023). "Laila Zaid sobre participação na COP27: "Única brasileira selecionada"". IG. Consultado o 2/01/2023. 
  7. Gabriele, Gustavo Zanfer, Beatriz Carneiro. "Familiares de vítimas do incêndio na Boate Kiss pretendem processar Netflix por série sobre a tragédia". CNN Brasil (en portugués). Consultado o 2023-02-02. 
  8. "Grupo de familiares de vítimas da Kiss pretende processar Netflix por série sobre a tragédia". GZH (en portugués). 2023-01-28. Consultado o 2023-02-02. 
  9. "Associação de familiares esclarece se vai processar a Netflix após série sobre Boate Kiss – Jovem Pan". Associação de familiares esclarece se vai processar a Netflix após série sobre Boate Kiss – Jovem Pan (en portugués). 2023-01-30. Consultado o 2023-01-30.