Todo lo otro
Todo lo otro | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Abril Zamora |
Dirixido por | Abril Zamora |
Intérpretes |
|
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Localización(s) | Madrid |
Duración | 30 minutos (aprox.) |
Distribuidor | WarnerMedia EMEA |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | HBO Max |
Primeiro episodio | 26 de outubro de 2021 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Todo lo otro é unha serie de televisión española de 2021 orixinal de HBO España creada e protagonizada por Abril Zamora, compartindo protagonismo con Juan Blanco, David Matarín, Nuria Herrero, Andrea Guasch, Marta Belenguer, Raúl Mérida, Miguel Bernardeau e Alberto Casado, entre outros.[1] A serie comezou a emitirse o 26 de outubro de 2021 en HBO Max[2] e conta a historia dun grupo de amigos na trintena atrapados nunhas vidas que non eran as que soñaban, mentres intentan avanzar e atopar o seu oco na cidade de Madrid.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Dafne (Abril Zamora) é unha muller que ten un traballo aburrido, o seu mozo acaba de deixala e acaba de descubrir que está namorada do seu mellor amigo, César, un mozo asturiano que ademais é o seu compañeiro de piso. Os seus amigos tamén están moi perdidos, os seus ligues non son o que ela espera e mesmo a súa xefa non é feliz coa vida que leva.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Abril Zamora como Dafne
- Juan Blanco como César
- David Matarín como Yerai
- María Maroto como Eva
- Nuria Herrero como Amaya
- Bea de la Cruz como Raquel
- Marta Belenguer como Aurora
- Andrea Guasch como Martina
- Pepe Lorente como Juancho
- Raúl Mérida como Manuel
- Alejandro Vergara como Sergio
- e coa voz de Alberto Casado como Narrador
Coa colaboración especial de
[editar | editar a fonte]- Miguel Bernardeau como Iñaki (Episodio 3 - Episodio 5)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Todo lo otro', la serie española de Abril Zamora para HBO termina de grabar y anuncia su estreno". Teleprograma. Diez Minutos. 24 de maio de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ Redacción (22 de outubro de 2021). "Las primeras imágenes de “Todo lo Otro”: dramas, sexo y la comedia definitiva sobre la amistad". revistavanityfair.es (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2021.
- ↑ "HBO Max enseña en el Festival de San Sebastián un avance de sus primeras series originales en España". El Español. 19 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Todo lo otro na IMDb (en inglés).