Todus multicolor
Aparencia
Todus multicolor | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar no lamazal de Zapata. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Todus multicolor Gould, 1837 |
Todus multicolor é unha especie de ave coraciforme da familia Todidae endémica de Cuba.[1] É unha das especies máis preciosas da avifauna cubana. Non se coñecen subespecies.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha ave común en toda Cuba, que vive en bosques con barrancos.
Niño
[editar | editar a fonte]Nidifican entre abril e xullo. Cavan os seus niños en barrancos terrosos, a pouca altura das súas bases, con profundidades duns 25 cm. Tamén poden escavalos en toros podrecidos ou en cavidades naturais na pedra. En zonas costeiras areosas tamén poden escavar o seu niño na entrada de covas de cangrexos. Pon 3 ou 4 ovos de cor branca, de 15,5 mm de longo e 13,5 mm de ancho. Cando saen ou entran do niño fano de xeito súbito.