Tomás Fábregas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Tomás Luis Fábregas Boudín 26 de maio de 1958 A Coruña, España |
Morte | 22 de setembro de 1994 (36 anos) Oakland, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte por SIDA |
Residencia | Nova York (1980–) San Francisco |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | activista LGBT |
Empregador | ONU |
Membro de |
Tomás Luis Fábregas Boudín, nado en 1958 na Coruña e finado en Oakland (California) o 22 de setembro de 1994, foi un activista galego da loita contra a sida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, en 1979 marchou a traballar a Nova York e logo mudouse a San Francisco. Enfermo de sida, foi membro directivo da San Francisco AIDS Foundation, unha das organizacións que loitaban na cidade contra a propagación desta enfermidade.
En 1992 acudiu ao Congreso Internacional sobre a Sida en Ámsterdam en representación da fundación onde traballaba[1]. Naquel tempo, o goberno estadounidense establecera unha norma que impedía a entrada no país de persoas seropositivas. Fábregas declarou publicamente na asemblea de Ámsterdam a súa enfermidade e anunciou que retaba a administración estadounidense a que o detivese na fronteira. Pero a lei nunca se chegou a aplicar. Á súa chegada ao aeroporto de San Francisco dende Ámsterdam foi recibido por varios activistas da loita contra a sida.
Honras
[editar | editar a fonte]Unha asociación de San Francisco, a San Francisco AIDS Candlelight Vigil, concede anualmente os "Tomás Fábregas Awards" na loita contra a sida.
En 2013 o concello da Coruña inaugurou unha rúa co seu nome.[2]