Tomás Mac Curtain
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ga) Tomás Mac Curtáin ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de marzo de 1884 ![]() Ballyknockane, Irlanda (en) ![]() ![]() |
Morte | 20 de marzo de 1920 ![]() Cork, Irlanda ![]() |
Causa da morte | homicidio, arma de fogo ![]() |
Lugar de sepultura | St. Finbarr's Cemetery (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, Lord Mayor of Cork (en) ![]() ![]() |
![]() |
Tomás Mac Curtain, nado en Ballyknockane (condado de Cork) o 20 de marzo de 1884 e finado en Cork o 20 de marzo de 1920, foi un político irlandés vencellado ao Sinn Féin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Achegado dende moi novo ao movemento nacionalista irlandés, chegou a ser secretario da Conradh na Gaeilge en 1902, con só 18 anos. En 1911 uniuse ao Fianna Éireann e foi membro fundador dos Voluntarios Irlandeses. Durante o Alzamento de Pascua capitaneou un grupo de 1.000 homes en Cork o Domingo de Pascua, pero acabaron dispersándose ao recibiren ordes contraditorias dos mandos establecidos en Dublín. Durante a Guerra de Independencia Irlandesa ascendeu ao grao de comandante no IRA e foi elixido para o cargo honorífico de Lord Maior de Cork. Foi asasinado por efectivos da Royal Irish Constabulary, corpo de policía ao servizo das forzas británicas durante o conflito.