Tomás Pérez do Porto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1915 Caraña de Arriba, España |
Morte | 30 de decembro de 2000 (85 anos) Betanzos, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Tomás Pérez do Porto, coñecido como Asorey, nado en Caraña de Arriba (Tiobre, Betanzos) o 27 de febreiro de 1915 e finado en Betanzos o 30 de decembro de 2000, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familiar de Ramón Beade Méndez. Dependente de comercio. En 1931 participou na creación da Asociación de Empleados de Comercio da UGT de Betanzos. Afiliado á Agrupación Socialista de Betanzos desde outubro de 1934, en maio de 1936 foi elixido secretario xeral da Agrupación. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba facendo o servizo militar destinado no cuartel da Mariña en Ferrol e pasou case toda a guerra embarcado.
En 1941 estableceu a ferretería El Martillo na Praza do Campo de Betanzos. Militou na organización socialista clandestina de Betanzos que dirixía desde o seu agocho Ramón Beade e formou parte do Comité Pro-presos creado pola organización o 8 de setembro de 1945 para recoller axuda económica para os compañeiros presos e as súas familias, xunto con Ricardo Lagares e os irmáns Germán e Manuel Castro Naveira. A organización foi desarticulada pola policía o 10 de maio de 1946, e os seus compoñentes foron detidos e torturados. Tomás eludiu a detención permaneciendo agochado ata que se entreou en xaneiro de 1947 ante o acoso da policía e a gardia civil á súa familia. Xulgado o 27 de febreiro dese ano, a súa causa foi sobresida, coa obriga de presentarse todos os luns no cuartel da Garda Civil de Betanzos. Seguiu desenvolvendo unha actividade clandestina, aínda que mínima, de contacto e reunións, porén participou nas reivindicacións sociais como na creación da Comisión Pro-Cierre Dominical de Betanzos en 1964.
Foi un dos reorganizadores da Agrupación Socialista de Betanzos en 1976, sendo elixido secretario xeral ata 1979, que abandonou o cargo. Encabezou a candidatura do PSOE de Betanzos nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido concelleiro, pero dimitiu sen chegar a tomar posesión.[1] Finou en Betanzos o 30 de decembro de 2000.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Aurora Gómez Medín e foi pai de Tomás e Carlos Pérez Gómez.