Tommy Hayes (rugby)
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1980 (44 anos) Limerick, Irlanda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Segunda liña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | John Hayes |
Tommy Hayes, nado o 31 de maio de 1980 en Limerick, é un xogador de rugby irlandés que xoga na posición de oito.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2011 xogaba nos Exeter Chiefs (equipo do cal é o seu capitán) da AVIVA Premiership, competición á que chegaron logo de vencer nun play-off a dobre partido pola promoción ao Bristol en maio do 2010,[1] conseguindo por primeira vez participar na máxima categoría do rugby inglés.[2] Chegou ao rugby inglés dende Irlanda da man do Plymouth Albion mais posteriormente foi traspasado ao equipo de Exeter.
Seguindo os pasos do seu irmán máis vello, o piar John (xogador do Munster e do XV do trevo), Tommy xogou no Bruff R.F.C. da localidade de Bruff (Condado de Limerick) cando era novo, gañando o título Sub-18 da All-Ireland League en 1997, cando Bruff derrotou aos Corinthians cun enseio no tempo engadido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hayes thanks supporters after cheering Exe to win" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ http://uk.eurosport.yahoo.com/26052010/8/photo/exeter-chiefs-captain-tom-hayes-celebrates-gaining-promotion-premiership.html
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Hayes, Tom". Exeter Chiefs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2018.