Tommy Hilfiger
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) Thomas Jacob Hilfiger ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de marzo de 1951 ![]() Elmira, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Elmira Free Academy (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Moda e deseño ![]() |
Ocupación | deseñador , deseñador de moda ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Dee Ocleppo (2008–) |
Irmáns | Andy Hilfiger (pt) ![]() ![]() |
Premios
| |
Páxina web | tommy.com ![]() |
![]() ![]() |
Thomas Jacob Hilfiger, coñecido como Tommy Hilfiger,nado o 24 de marzo de 1951 en Elmira, Nova York, é un dos deseñadores e estilistas americanos máis coñecidos e é o creador da marca de roupa e complementos Tommy Hilfiger e Tommy.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Provén dunha familia católica irlandesa sendo o segundo de nove irmáns. Dende cativo tiña claro que a súa profesión ía ser deseñador de moda. Así, comezou a súa carreira en 1969 como distribuidor de roupa hippie. Posteriormente, a comezos da era disco (finais dos anos 70 e primeiros dos anos 80), traballou para a marca Jordache.
Non foi ata 1985 cando creou a súa primeira liña de roupa. Nun principio era unha marca descoñecida, e a súa primeira campaña publicitaria dicía: "Os catro mellores deseñadores de roupa de home son Ralph Lauren, Perry Ellis, Calvin Klein e Tommy Hilfiger". Dende entón Tommy Hilfiger afiánzase cada vez máis coma unha das máis grandes marcas de roupa, altamente solicitada sobre todo en Estados Unidos.
Unha das súas estratexias é a súa publicidade, chea de mozos e mozas xenuinamente americanos, de grandes mandíbulas e aspecto san. As súas últimas fichaxes están no contorno da Casa Branca xa que son os sobriños de George W. Bush, Lauren Bush e George P. Bush.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/Lauren_Bush.jpg/220px-Lauren_Bush.jpg)
Os seus recoñecidos deseños están hoxe en día presentes en Europa, Estados Unidos, América Latina, entre outros.
Liña de roupa[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Beyonce.jpg/220px-Beyonce.jpg)
- Tommy Hilfiger, a liña de roupa da marca, vendida nos grandes centros comerciais e nas tendas específicas da marca.
- Hilfiger Denim, unha liña de roupa próxima á moda vaqueira e xuvenil, nun estilo rock and roll e bohemio.
- True Star, unha fragrancia creada por Hilfiger e da cal Beyoncé é a escollida para a súa campaña publicitaria.
- Red Label, unha liña de produtos denim, jeans, suadoiros e camisetas.
- H by Tommy Hilfiger, unha liña de alta gama (as camisas costan como mínimo 60 euros) vendida nas boutiques da marca.
- Tommy Hilfiger Sport, liña de produtos deportivos dende o ano 1990.
- Tommy Hilfiger Sailing, creada na primavera do 2007.