Toni Acosta
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1972 ![]() San Cristóbal de La Laguna, España ![]() |
Outros nomes | Toni Acosta ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Período de actividade | 1996 ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Antonia del Carmen Acosta León, nada o 10 de abril de 1972 en La Orotava, Santa Cruz de Tenerife, máis coñecida como Toni Acosta, é unha actriz e humorista española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Gregorio Arsenio Acosta e Sebastiana Emerinda Chana León, ten un irmán (Arsenio Luis) e unha irmá (Patricia).[1][2] A súa traxectoria estivo estreitamente ligada á televisión, onde cabe destacar o seu papel de Vera Muñoz na serie Policías, en el corazón de la calle, a partir da cal comezou a ser popular. Máis tarde veu outro papel televisivo, esta vez en Un paso adelante, onde Acosta interpretaba o personaxe de Jacinta Jiménez, "J.J.".
En 2010, Acosta formou parte do elenco de Supercharly, serie emitida por Telecinco na que interpretou o papel de Fani. A serie foi retirada tralo seu quinto episodio após os discretos índices de audiencia rexistrados. O seu seguinte gran papel en televisión chegou dous anos máis tarde, interpretando a Sonsoles durante as tres tempadas de Con el culo al aire, serie emitida en Antena 3. En 2015 incorporouse ao elenco da sitcom de Cuatro, Gym Tony na segunda tempada da serie.
Tamén participou en varias ocasión no programa El club de la comedia con monólogos humorísticos.
En teatro destacan as súas intervenciónss en obras de grande aceptación como 5mujeres.com (2002), El método Grönholm (2007) e La gaviota (2012).
En 2018 estreou varios filmes como Sin Rodeos xunto a Santiago Segura e Silvia Abril, El mejor verano de mi vida con Leo Harlem e Jordi Sánchez, Los futbolísimos xunto a Norma Ruiz e Yucatán con Luís Tosar.
En 2019 protagonizou Señoras del (h)AMPA, serie de Telecinco na que interpreta a Mayte, xunto con Malena Alterio, Mamen García e Nuria Herrero. Nese mesmo ano comezou a presentar na Cadena SER con Silvia Abril o programa radiofónico El Grupo.[3][4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Serie | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
1996 | La casa de los líos | Antena 3 | 1 episodio | |
1998 | Manos a la obra | 1 episodio | ||
1998 - 1999 | Compañeros | Mónica Ruiz / Vera | 2 episodios | |
2000 - 2003 | Policías, en el corazón de la calle | Vera Muñoz | 83 episodios | |
2003 | 7 vidas | Telecinco | Bego | 1 episodio |
2003 - 2005 | Un paso adelante | Antena 3 | Jacinta Jiménez "J.J." | 49 episodios |
2006 | Tirando a dar | Telecinco | Blanca | 7 episodios |
2007 - 2008 | El síndrome de Ulises | Antena 3 | Estela Miralles | 26 episodios |
2010 | Supercharly | Telecinco | Estefanía "Fani" Sáez | 5 episodios |
Adolfo Suárez, el presidente | Antena 3 | Amparo Illana | 2 episodios | |
2012 - 2014 | Con el culo al aire | Sonsoles Abajo de la Vega | 42 episodios | |
2015 - 2016 | Gym Tony | Cuatro | Raquel | 248 episodios |
2019 - 2021 | Señoras del (h)AMPA | Telecinco / Amazon Prime Video | Mayte Soldevilla | 26 episodios |
Programas de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Programa | Canle | Función | Notas |
---|---|---|---|---|
2013 - 2015; 2019 | Me resbala | Antena 3 | Concursante | ¿? programas |
2014 | MasterChef | La 1 | Convidada | 1 programa |
2017 | Dani & Flo | Cuatro | 2 programas | |
2018 | Late motiv | #0 | 1 programa | |
Viva la vida | Telecinco | 2 programas | ||
2019 | Todo es mentira | Cuatro | 1 programa, promoción de Señoras del (h)AMPA | |
Supervivientes 2019 | Telecinco | 2 programas, promoción de Señoras del (h)AMPA | ||
Sálvame | ||||
El concurso del año | Cuatro | 1 programa | ||
Gran Hermano VIP 7 | Telecinco | 1 programa, promoción de Señoras del (h)AMPA | ||
2021 | La resistencia | Movistar | Convidada | 1 programa |
Cinema
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe | Director/a |
---|---|---|---|
2007 | Luz de domingo | Covadonga "Cova" | José Luis Garci |
2008 | 7 minutos | Ana | Daniela Fejerman |
2015 | Cuento de verano | Antonia | Carlos Dorrego |
Tiempo sin aire | Silvia | Andrés Duque | |
Mi gran noche | María | Álex de la Iglesia | |
Incidencias | Solana | José Corbacho | |
2016 | Wild Oats | Supervisora | Andy Tennant |
2018 | Yucatán | Chusa | Daniel Monzón |
Sin Rodeos | Bea | Santiago Segura | |
Los Futbolísimos | Laura | Miguel Ángel Lamata | |
El mejor verano de mi vida | Daniela | Dani de la Orden | |
2019 | Padre no hay más que uno | Marisa | Santiago Segura |
2020 | Padre no hay más que uno 2: La llegada de la suegra | Marisa | Santiago Segura |
2021 | Poliamor para principiantes | Tina | Fernando Colomo |
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Cachito mío (2001), de Manuel Feijóo e Beatriz G. Cruz
Teatro
[editar | editar a fonte]- La tentación vive arriba (2000)
- 5mujeres.com (2002)
- Ana en el trópico (2005)
- El invierno bajo la mesa (2006)
- El método Grönholm (2007)
- Emma (2009)
- La gaviota (2012)
- Antígona (2013)
- De mutuo desacuerdo (2014)
- La estupidez (2016)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jacobo Martos, el hijo de Raphael, y Toni Acosta se casaron en Tenerife". Hola. 21 de xullo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 22 de maio de 2019.
- ↑ "Tony Acosta y Jacobo Martos presentan a su hijo, Nicolás". Hola. 16 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 22 de maio de 2019.
- ↑ "La SER estrena "El Grupo", más humor de El Terrat". gokazumeta.com. 8 de setembro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2021.
- ↑ Morate, Maite (14 de febreiro de 2021). "Silvia Abril y Toni Acosta, unas payasas irremediables". El País.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Toni Acosta na IMDb (en inglés).