Toni Nakić
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1999 ![]() Šibenik, Croacia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | baloncestista ![]() |
Deporte | baloncesto ![]() |
Toni Nakić, nado o 1 de xuño de 1999 en Šibenik, é un xogador croata de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do GKK Šibenka, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,00 m, xoga nas posicións de ala e ala-pivote.[2] Na temporada 2021−22 foi o MVP das Finais da HT Premijer liga, máxima categoría do baloncesto croata.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Šibenik, Nakić comezou a xogar desde os 14 anos no principal equipo da súa cidade natal, o GKK Šibenka. a xogar ao baloncesto. No Šibenka destacou nas temporadas 2018−19 e 2019−20, onde promediou preto de 16 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias por encontro. O seu rendemento levouno a asinar en 2020 polo Cibona Zagreb, equipo onde xogou tanto na liga doméstica como na Liga ABA. Co equipo da capital croata conseguiu o título de liga en 2022, onde achegou 8 puntos e 3 rebotes por encontro cunha porcentaxe en lanzamentos de tres do 43,5%, sendo ademais nomeado mellor xogador das finais da liga. A nivel internacional xogou tanto para todas as categorías inferiores como para a selección absoluta de Croacia.
Clubs
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira, Nakić ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
GKK Šibenka (HTPL, 2014–2020)
Cibona Zagreb (ABA / HTPL, 2020−2022)
CB Breogán (ACB, 2022− )
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campión da Liga de Croacia (1): 2022
- Campión da Copa de Croacia (1): 2022
- MVP das Finais da Liga de Croacia (1): 2022
- Medalla de Prata no Eurobasket 2018
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Toni Nakic, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 5 de xullo de 2022. Consultado o 5 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Toni Nakić, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en ABA Liga (en inglés)
- Perfil en Proballers (en inglés)
- Perfil en Draft Express Arquivado 05 de xullo de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)