Top 14 2014-2015
Tipo | Top 14 |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | National Rugby League (en) |
Liga inferior | Campeonato Francês de Rugby Pro D2 2014-2015 (pt) |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Francia Metropolitana (Francia) 46°N 2°L / 46, 2 |
País | Francia |
Período de tempo | tempada 2014-2015 |
Número de edición | 116 |
Competición | |
Primeiro posto | Stade Français París |
Datos estatísticos | |
Partidos | 187 |
A tempada 2014-2015 do Top 14 foi a 116ª edición da primeira división da liga francesa de rugby, un torneo fundado no ano 1892. A fase de liga comezou o 16 de agosto de 2014 e rematou o 23 de maio de 2015.Esta fase continuouse co playoff, que rematou o 13 de xuño coa gran final disputada no Stade de France de París, que enfrontou ao Stade Français co ASM Clermont Auvergne. Os equipos que descenderon ao Pro D2 foron o Aviron Bayonnais e o recentemente ascendido Lyon OU.
Equipos
[editar | editar a fonte]Na competición participaron 14 equipos: os 12 mellor posicionados do Top 14 2013-2014 e os 2 ascendidos da segunda división, o Lyon OU e o Atlantique Stade Rochelais, que ocuparon as prazas que deixaran baleiras o USA Perpignan e o Biarritz Olympique ao descenderen no ano anterior.
Equipo | Cidade (Departamento) | Estadio | Capacidade | Tempada pasada |
---|---|---|---|---|
Baiona | Baiona (Pireneos Atlánticos) | Stade Jean Dauger | 17.000 | 10º |
Union Bordeaux | Bordeos (Gironda) | Stade Chaban-Delmas (Bordeos) Stade André Moga (Bègles) |
34.700 10.000 |
8º |
Brive | Brive-la-Gaillarde (Corrèze) | Stade Amédée-Domenech | 16.000 | 9º |
Castres Olympique | Castres (Tarn) | Stade Pierre-Antoine | 11.500 | 6º (F) |
Clermont Auvergne | Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme) | Parc des Sports Marcel Michelin | 18.000 | 3º (CF) |
Grenoble | Grenoble (Izère) | Stade des Alpes | 20.000 | 11º |
La Rochelle | La Rochelle (Charente Marítimo) | Stade Marcel-Deflandre | 15.000 | 3º (Pro D2) |
Lyon | Lión (Ródano) | Matmut Stadium | 8.000 | 1º (Pro D2) |
Montpellier | Montpellier (Hérault) | Altrad Stadium | 14.700 | 2º (SF) |
Oyonnax | Oyonnax (Ain) | Stade Charles-Mathon | 11.400 | 12º |
Racing Métro 92 | Colombes (Hauts-de-Seine) | Stade Olympique Yves-du-Manoir | 14.000 | 5º (SF) |
Stade Français | París | Stade Jean-Bouin | 11.400 | 7º |
Toulon | Toulon (Var) | Stade Mayol | 15.400 | 1º (C) |
Liga regular
[editar | editar a fonte]Composta por 26 xornadas, comezou o 16 de agosto de 2014 e rematou o 23 de maio de 2015. O mellor equipo na liga regular foi o RC Toulon con 76 puntos, seguido de preto polo ASM Clermont Auvergne con 75. Os dous últimos equipos da táboa perderon a categoría. Os 6 primeiros pasaron á fase de eliminatorias polo título de campión.
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | PF | PC | DP | BO | BD | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | RC Toulon (SF) | 76 | 26 | 16 | 0 | 10 | 740 | 525 | +215 | 7 | 5 | ||||
2º | ASM Clermont Auvergne (F) | 75 | 26 | 16 | 1 | 9 | 630 | 464 | +166 | 5 | 4 | ||||
3º | Stade Toulousain (SF) | 70 | 26 | 16 | 0 | 10 | 573 | 504 | +69 | 3 | 3 | ||||
4º | Stade Français (C) | 70 | 26 | 15 | 1 | 15 | 591 | 576 | +15 | 6 | 2 | ||||
5º | Racing Métro 92 (CF) | 65 | 26 | 13 | 3 | 10 | 551 | 497 | +54 | 3 | 4 | ||||
6º | Oyonnax Rugby (CF) | 62 | 26 | 14 | 0 | 12 | 514 | 507 | +7 | 2 | 4 | ||||
7º | Union Bordeaux Bègles | 61 | 26 | 12 | 0 | 14 | 701 | 578 | +123 | 4 | 9 | ||||
8º | Montpellier Hérault | 55 | 26 | 11 | 2 | 13 | 537 | 516 | +21 | 2 | 5 | ||||
9º | Stade Rochelais | 54 | 26 | 10 | 5 | 11 | 520 | 659 | –139 | 2 | 2 | ||||
10º | CA Brive | 53 | 26 | 12 | 0 | 14 | 502 | 619 | -117 | 3 | 2 | ||||
11º | FC Grenoble | 53 | 26 | 11 | 0 | 15 | 626 | 735 | -109 | 3 | 6 | ||||
12º | Castres Olympique | 52 | 26 | 11 | 0 | 15 | 509 | 627 | -118 | 4 | 4 | ||||
13º | Aviron Bayonnais | 52 | 26 | 10 | 1 | 15 | 522 | 548 | -26 | 5 | 5 | ||||
14º | Lyon OU | 41 | 26 | 8 | 1 | 17 | 469 | 630 | -161 | 0 | 7 | ||||
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>> En verde os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (1º e 2º). |
Fase final
[editar | editar a fonte]O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais, mentres os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa. Tanto as semifinais como a final se disputaron en estadios neutrais, non así os encontros de cuartos de final.
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
29 de maio; Stade Jean-Bouin, París | 5 de xuño; Novo Estadio de Bordeos, Bordeos | 13 de xuño; Stade de France, París | ||||||||
Toulon | 16 | |||||||||
Stade Français | 38 | |||||||||
Stade Français | 33 | |||||||||
Racing Métro 92 | 15 | |||||||||
6 de xuño; Novo Estadio de Bordeos, Bordeos | Stade Français | 12 | ||||||||
30 de maio; Stade Ernest-Wallon, Tolosa | ||||||||||
Clermont | 6 | |||||||||
Stade Toulousain | 20 | |||||||||
Clermont | 18 | |||||||||
Oyonnax | 19 | |||||||||
Stade Toulousain | 14 | |||||||||
O Stade Français acadou o seu 4º título de liga vencendo na final por 12 a 6 ao ASM Clermont Auvergne.