Top 14 2017-2018
Tipo | Top 14 ![]() |
---|---|
Deporte | rugby a 15 ![]() |
Organizador | National Rugby League (en) ![]() ![]() |
Liga inferior | 2017–18 Rugby Pro D2 season (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 14 ![]() |
Participantes | |
Montpellier Hérault Rugby Club, Racing 92, Stade Toulousain, RC Toulon, Castres Olympique, Stade Rochelais (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Localización e Datas | |
Localización | Francia Metropolitana (Francia) 46°N 2°L / 46, 2 ![]() |
País | Francia ![]() |
Período de tempo | tempada 2017-2018 ![]() |
Número de edición | 119 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Castres Olympique ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 188 ![]() |
A tempada 2017-2018 do Top 14 foi a 119ª edición da primeira división da liga francesa de rugby, campionato fundado no ano 1892. A fase de liga comezou o 26 de agosto de 2017 e rematou a mediados de maio de 2018 . Esta fase continuouse co playoff, que todos os anos disputan os seis mellores equipos durante a fase regular. A final xogouse o 2 de xuño de 2018 no Stade de France de Saint-Denis, como é habitual.
O defensor do título era o ASM Clermont Auvergne. O vencedor da final resultou ser o Castres Olympique por 5ª ocasión na súa historia.
Equipos
[editar | editar a fonte]Nesta edición da máxima categoría do rugby francés participaron 14 equipos: os 12 mellor posicionados do Top 14 2016-2017 e os 2 ascendidos da segunda división, o SU Agen e o US Oyonnax, que ocuparon as prazas que deixaran baleiras o FC Grenoble e o Aviron Bayonnais ao descenderen no ano anterior.
Equipo | Cidade | Departamento | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|---|
![]() |
Agen | Lot e Garona | Stade Armandie | 14.000 |
![]() |
Bordeos | Xironda | Stade Chaban-Delmas | 34.700
42.115 |
![]() |
Brive-la-Gaillarde | Corrèze | Stade Amédée-Domenech | 14.000 |
![]() |
Castres | Tarn | Stade Pierre-Fabre | 12.500 |
![]() |
Clermont-Ferrand | Puy-de-Dôme | Parc des Sports Marcel Michelin | 19.000 |
![]() |
La Rochelle | Charente Marítimo | Stade Marcel-Deflandre | 16.000 |
![]() |
Lión | Ródano | Stade Gerland | 25.000 |
![]() |
Montpellier | Hérault | Altrad Stadium | 15.679 |
![]() |
Oyonnax | Ain | Stade Charles-Mathon | 11.400 |
![]() |
Pau | Pireneos Atlánticos | Stade du Hameau | 18.000 |
![]() |
Nanterre | Hauts-de-Seine | Stade Olympique Yves-du-Manoir | 14.000
30.681 |
![]() |
París | París | Stade Jean-Bouin | 20.000 |
![]() |
Toulon | Var | Stade Mayol | 18.200 |
![]() |
Tolosa | Alta Garona | Stade Ernest-Wallon | 19.500 |
Formato da competición
[editar | editar a fonte]O torneo está composto por 14 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 13 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Cada equipo xoga un total 26 partidos.
O sistema de puntuación é o seguinte:
- 4 puntos pola vitoria.
- 2 puntos polo empate.
- 0 puntos pola derrota.
- 1 punto por anotar 3 ensaios ou máis que o rival.
- 1 punto por perder por 5 ou menos puntos.
Liga regular
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | PF | PC | DP | BO | BD | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Montpellier Hérault (F) | 81 | 26 | 17 | 0 | 9 | 752 | 559 | +193 | 11 | 2 | ||||
2º | Racing 92 (SF) | 80 | 26 | 18 | 0 | 8 | 622 | 478 | +144 | 5 | 3 | ||||
3º | Stade Toulousain (CF) | 74 | 26 | 16 | 1 | 9 | 719 | 595 | +124 | 4 | 4 | ||||
4º | RC Toulon (CF) | 73 | 26 | 14 | 0 | 12 | 766 | 507 | +259 | 9 | 8 | ||||
5º | Lyon OU (SF) | 70 | 26 | 15 | 0 | 11 | 689 | 545 | +144 | 7 | 3 | ||||
6º | Castres Olympique (C) | 69 | 26 | 15 | 0 | 11 | 638 | 624 | +14 | 4 | 5 | ||||
7º | Stade Rochelais | 67 | 26 | 14 | 1 | 11 | 686 | 531 | +155 | 6 | 3 | ||||
8º | Section Paloise | 66 | 26 | 15 | 0 | 11 | 590 | 584 | +6 | 2 | 4 | ||||
9º | ASM Clermont Auvergne | 54 | 26 | 11 | 1 | 14 | 629 | 687 | –59 | 4 | 4 | ||||
10º | Union Bordeaux Bègles | 48 | 26 | 10 | 1 | 15 | 557 | 623 | -66 | 2 | 4 | ||||
11º | SU Agen | 46 | 26 | 10 | 0 | 16 | 537 | 757 | -220 | 2 | 4 | ||||
12º | Stade Français | 42 | 26 | 9 | 0 | 17 | 540 | 740 | -200 | 2 | 4 | ||||
13º | Oyonnax Rugby | 39 | 26 | 7 | 3 | 16 | 566 | 824 | -258 | 1 | 4 | ||||
14º | CA Brive | 36 | 26 | 7 | 1 | 18 | 485 | 736 | -241 | 1 | 5 | ||||
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>> En verde os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º). |
Fase final
[editar | editar a fonte]O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais directamente, mentres que os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa de cuartos de final. Os encontros de cuartos de final xogáronse nos campos do terceiro e cuarto da táboa, mentres que as semifinais e a final tiveron lugar en estadios neutrais. O estadio elixido para as dúas semifinais foi o Parc Olympique Lyonnais de Lión (Auvernia-Ródano-Alpes), e a final disputouse como vén sendo habitual nas últimas décadas, no Stade de France de Saint-Denis.
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
18 de maio; Stade Mayol, Toulon | 25 de maio; Groupama Stadium, Lión | 2 de xuño; Stade de France, Saint-Denis | ||||||||
[1º] Montpellier HR | 40 | |||||||||
[4º] Toulon | 19 | |||||||||
[5º] Lyon | 14 | |||||||||
[5º] Lyon (pr.) | 19 | |||||||||
26 de maio; Groupama Stadium, Lión | Montpellier HR | 13 | ||||||||
19 de maio; Stade Ernest-Wallon, Toulouse | ||||||||||
Castres Olympique | 29 | |||||||||
[3º] Toulouse | 11 | |||||||||
[2º] Racing 92 | 14 | |||||||||
[6º] Castres Olympique | 23 | |||||||||
[6º] Castres Olympique | 19 | |||||||||