Top Gear
Top Gear | |
---|---|
(De esquerda a dereita) Richard Hammond, James May e Jeremy Clarkson, presentadores de Top Gear. | |
Xénero | Motor |
Formato | Documental |
Dirixido por | Brian Klein |
Intérpretes | Jeremy Clarkson Jason Dawe (2002) Richard Hammond James May (2003-) "The Stig" |
Tema de apertura | The Allman Brothers Band – Jessica (instrumental) |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 20 |
Episodios | 152 (incluíndo 3 especiais) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Andy Wilman |
Produtor(es) | Lloyd Washbrook |
Editor(es) | Guy Savin Dan James |
Localización(s) | Dunsfold Park, Dunsfold, Surrey, Inglaterra, Reino Unido |
Duración | 60 minutos |
Distribuidor | BBC Worldwide |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC Two BBC HD |
Formato de imaxe | (SDTV) 576i (Series 1–13) (HDTV) 1080i (Series 14–presente & Especial Polo) |
Formato de son | Dolby Digital Stereo |
Primeiro episodio | 1977–2001 20 de outubro de 2002 |
Na rede | |
https://www.topgear.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Top Gear é un programa de televisión da BBC Two británica no que se trata a actualidade do mundo dos automóbiles dun xeito humorístico. Comezou a emitirse no ano 1977, e dende 2002 está presentado por Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James May, coa colaboración dun piloto anónimo alcumado The Stig. A súa audiencia estimada no mundo enteiro é duns 350 millóns de espectadores. En Galicia pode verse polas canles Energy e Cuatro.
Formato
[editar | editar a fonte]O plató do programa está situado a carón do aeródromo de Dunsfold, en Surrey, no cal proban os coches. Nunha das seccións do programa meten a xente famosa dentro dun vehículo barato e miden o tempo que lles leva percorrer o circuíto, para logo facerlle unha entrevista e ver gravada a súa mellor volta. Noutra sección, The Stig fai o mesmo con coches deportivos, e logo colócanos nunha táboa segundo o tempo que marcan na súa mellor volta.
Unha das características propias do programa é facer competicións entre varios vehículos, conducidos polos presentadores, ou inventar modificacións absurdas para sacar conclusións confusas. O programa adoita comparar modelos de coche británicos con outros modelos de coche, sobre todo alemáns, facendo ver unha suposta superioridade no seu produto local.
O éxito internacional de Top Gear provocou a aparición de varios programas xemelgos noutros países, como Estados Unidos, Rusia, Australia e Corea do Sur.
Coche do ano
[editar | editar a fonte]Cada ano, ao fin do outono, elixen o que consideran mellor coche do ano. O único requisito para a elección do gañador é que os tres presentadores deben facer a elección unánime. Os gañadores foron:
Ano | Modelo | Imaxe |
---|---|---|
Coche do ano segundo Top Gear | ||
2002 | Land Rover Range Rover | |
2003 | Rolls-Royce Phantom | |
2004 | Volkswagen Golf GTI | |
2005 | Bugatti Veyron | |
2006 | Lamborghini Gallardo Spyder | |
2007 | Subaru Legacy Outback/Ford Mondeo | |
2008 | Caterham Seven R500 | |
2009 | Lamborghini Gallardo LP550-2 Valentino Balboni | |
2010 | Citroën DS3 | |
2011 | Range Rover Evoque | |
2012 | Toyota GT86 | |
2013 | Ford Fiesta ST | |
2014 | BMW i8 |
Críticas
[editar | editar a fonte]Top Gear ten estado envolto en múltiples liortas e discusións polo seu formato informal e por uns diálogos politicamente incorrectos. No programa téñense feito mofas de homosexuais, xitanos, católicos, comunistas, a segunda guerra mundial e cualificacións xenófobas. Dependendo da cadea que emita os programas os diálogos e situacións poden ser censurados. No programa sobre o Polo Norte Clarkson e May conducían mentres tomaban gin tonics, a imaxe non foi emitida nalgunhas cadeas. No especial sobre Patagonia de 2014 o coche conducido por Clarkson levaba a placa de matrícula H982 FKL que foi interpretada por algúns coma unha referencia á Guerra das Malvinas. Os outros dous coches levaban placas N269 KNG e EKH 646J que serían o número de mortos británicos e arxentinos na Guerra das Malvinas. Segundo a BBC todo foi unha coincidencia.
En marzo de 2015 o presentador do programa Jeremy Clarkson foi suspendido pola BBC por unha disputa cun produtor[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Top Gear |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Top Gear na web da BBC (en inglés)
- Magazine Top Gear Arquivado 12 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Top Gear en IMDb (en inglés)