Saltar ao contido

Tora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tora

Tipotexto relixioso e obra literaria Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticobiblical literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aMoisés Editar o valor en Wikidata
Temática
Parte deTanakh, Antigo Testamento, Biblia, Vulgata e Biblia dos Setenta Editar o valor en Wikidata
Número de
Parte da serieTanakh Editar o valor en Wikidata
Edicións
Descrito pola fonte
Composto por
Wikidata ]

A tora[1] (en hebreo: תורה) é unha verba hebrea que significa ensinanza, instrución ou, especificamente, lei. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros da Tanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde ao Antigo Testamento cristián, coñecidos tamén como Os cinco libros de Moisés, e na tradución do hebreo ao grego na Septuaginta, como o Pentateuco (do grego πεντε, pente, ‘cinco’, o τευχος, teughós, ‘funda para libros’, facendo referencia ás fundas nas que se conservaban os pergamiños). Porén, con frecuencia os xudeus tamén se refiren a toda a revelación e ensinanzas xudías como a tora.

Os cinco libros son: Xénese (Bereishit בראשית), Éxodo (Shemot שמות), Levítico (Vaiicra ויקרא), Números (Bemidbar במדבר) e Deuteronomio (Devarim דברים). Na versión grega da tora, estes cinco libros conforman o Pentateuco, Hamisha Humshei Tora (חמשה חומשי תורה que en hebreo quere dicir "As cinco partes da tora"), ou simplemente Humash (חומש "quinto").