Saltar ao contido

Torpediniformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Torpedínidos.
Torpediniformes
Torpediniformes
Torpedos, estrugas, ortigas,
raias eléctricas

Rango fósil: Eoceno - actualidade [1][2]

Torpedo marmorata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Batoidea
Orde: Torpediniformes
de Buen, 1926 [3]
Familias
  • Véxase o texto
Lámina de Torpedo marmorata no tomo 8 de Le règne animal distribué d'après son organisation, 2ª ed., de Georges Cuvier, 1828.
Na parte inferior, detalle do aparato eléctrico.

A dos torpediniformes (Torpediniformes) é unha orde de elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos,[4] estrugas,[5] ortigas,[6] ou raias eléctricas,[7]

Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[8]

Existen 69 especies recoñecidas distribuídas en catro familias.[9] Quizais os membros máis coñecidos son os do xénero Torpedo, polo que os torpedos empregados na guerra naval foron así denominados por estes animais. A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[10]

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características dos torpediniformes son:[8][11]

  • Os torpedos teñen un disco circular pectoral con dúas aletas dorsais en ángulo circular (non rematadas en punta ou en gancho) moderadamente grandes (reducidas nalgúns Narkidae), e unha cola musculosa e robusta cunha aleta caudal ben desenvolvida.
  • O corpo é groso e brando, coa pel suave e desprovista de dentículos dérmicos e de espiñas.
  • Un par de órganos eléctricos con forma de ril encóntranse na base das aletas pectorais.
  • O fociño é ancho e grande nos Narcinidae, pero reducido en todas as outras familias.
  • A boca, as narinas e cinco pares de galadas localízanse debaixo do disco.

Historia natural

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse de plancto e de pequenos invertebrados, polo que os seus dentes son menos afiados que nas especies carnívoras (como os tiburóns).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome da orde, Torppediniformes, está contruído sobra a raíz do nome do seu xénero tipo, Torpedo, coa adición da desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de peixes (e de aves).

En canto o nome do xénero, Torpedo, vén do latín torpere 'agarrotarse, quedar paralizado', referíndose ao efecto en alguén que manipula ou pisa unha destas raias viva.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo a FishBase, o WoRMS, o NCBI e o ITIS, a orde comprende as catro familias seguintes:[12]

Orde Torpediniformes

  1. FishBase. Torpediniformes (en inglés) Consultada o 7/11/2012.
  2. Order Torpediniformes (electric ray) Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks. Consultada o 12/12/2016.
  3. 3,0 3,1 Torpediniformes F. de Buen, 1926 Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na GBIF. Consultada o 17/12/2016.
  4. torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  5. estruga Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acep., no dicionario da RAG.
  6. ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
  7. Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
  8. 8,0 8,1 Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
  9. FishBase Torpediniformes (en inglés). Consultada o 7/11/2012.
  10. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
  11. Hamlett, William C. (1999). Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore and London (JHU Press). ISBN 0-8018604-8-2. 
  12. Todas as rederencias consultadas o 17 de decembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
  • VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]