Saltar ao contido

Torre Iberdrola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre Iberdrola
Torre Iberdrola dende a Praza Euskadi
Edificio
LocalizaciónBilbao, Euskadi
Coordenadas43°16′03″N 2°56′19″O / 43.2675, -2.9386111111111
PropietarioIberdrola e BBK
Uso(s)Oficinas
Construción
Inicio2007
Remate2011
Dimensións
Altura165 m
Altura da azotea165 m
Plantas41
Número de ascensores22
Equipo
Arquitecto(s)César Pelli, Iñigo Ortiz e Enrique León
Enxeñeiro estruturalIdom
ContratistaGrupo Afer
Dirección de execución: Euroconsult Norte
PromotorTorre Iberdrola A.I.E.
editar datos en Wikidata ]

A Torre Iberdrola é o rañaceos máis alto da cidade de Bilbao, cunha altura de 165 metros. A construción do edificio comezou o 19 de marzo de 2007 e finalizou en 2011.[1] O seu arquitecto é César Pelli e a inauguración oficial, presidida polo Rei Xoán Carlos I, foi o 21 de febreiro de 2012.[2]

Características

[editar | editar a fonte]
Acceso á torre.

Este rañaceos é o substituto da Torre Foral, un proxecto de similares características, destinado a aglutinar nun mesmo edificio todas as oficinas que a Deputación Foral de Biscaia ten repartidas pola cidade, e que finalmente foi cancelado no ano 2003 debido ao seu alto custo.

O seu arquitecto, así como da frustrada Torre Foral, é o arxentino César Pelli, especializado en arquitectura vertical, e autor das Torres Petronas de Kuala Lumpur (452 metros) ou da Torre de Cristal de Madrid (249,5 metros), a segunda máis alta de España.

A torre ten 165 metros de altura repartidos en 41 plantas e 50.000 m², con forma de triángulo isósceles e cos lados lixeiramente curvos. Sitúase na parcela 204 do 'PERI' de Abandoibarra, no distrito de Abando, onde se encontran a maior parte dos edificios de oficinas da cidade.

A torre está dedicada enteiramente a oficinas, xa que dende o 17 de outubro de 2008 variou o conxunto de accionistas do edificio. Primeiramente coa compra por parte de Iberdrola do 50% que posuía a empresa construtora Promotora Vizcaína, conseguindo deste xeito o 100% do edificio, e posteriormente vendendo un 33% á caixa de aforros biscaíña BBK. Deste xeito queda totalmente cancelado o proxecto de instalar un hotel de 4 estrelas da cadea Abba nas seis primeiras plantas do rañaceos. O resto do proxecto proseguiu sen cambios, con dez plantas nas que se instala a propia Iberdrola, e nas que establece a súa sede central, e o resto comercializándose como oficinas en réxime de alugamento.

O edificio era a finais de 2009 o máis alto da cidade, superando á Torre Banco de Biscaia de 88 metros de altura, así como tamén da súa comunidade autónoma, superando á Torre BEC de 98 metros e situada en Barakaldo.

Un heliporto de 18 metros de diámetro, o primeiro situado nun edificio privado de Biscaia, remata o edificio máis alto de Euskadi, sendo utilizado unicamente para voos sanitarios ou de emerxencia.[3]

  1. "Iberdrola comeza a ocupar a súa torre". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  2. "A Torre Iberdrola ilumina Bilbao logo de ser inaugurada polo Rei". Consultado o 21 de febreiro de 2012. 
  3. "A coroa da Torre Iberdrola". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]