Torre de Quitapesares
Torre de Quitapesares | |
---|---|
Concello | Pantón |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°28′11″N 7°41′15″O / 42.469730555556, -7.6874166666667 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | século XV |
Estilo actual | Desaparecida |
[ editar datos en Wikidata ] |
A torre de Quitapesares foi unha fortaleza construída na primeira metade do século XV polo Duque de Arjona, Fadrique Enríquez, nun lugar entre os ríos Sil e Miño, nun paso do Camiño Real entre Os Peares e Monforte de Lemos. Posteriormente foi abandonada.
Localización
[editar | editar a fonte]Existe controversia sobre a súa localización, dentro do concello de Pantón. Hai fontes que a sitúan na aldea do Cotillón, na parroquia de Acedre, xunto ao curso do río Cabe, debido a unha mala interpretación dun documento do 17 de febreiro de 1591, onde Rodrigo Enríquez de Castro, conde de Lemos, aforaba a Álvaro de Lornís, aforado este anteriormente polo mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro; a frase da controversia foi "la mi possa de Quitapesares, que yo tengo e está en el monte de Cotillón cerca de Pombeiro".
A asociación Segredos de Pantón, trala realización dunha investigación determinou finalmente que esta fortificación se atoparía na aldea da Torre de Vilamirón, na parroquia de Pombeiro [1].
Na toponimia gárdanse marcados lugares cun significado relacionado á torre. Así, o lugar denominado como “Suatorre” fai referencia a "debaixo da torre". O lugar denominado “Forca”, clara alusión[Cómpre referencia] á construción para executar os condenados a morte e que está formada por dous paus verticais e outro horizontal colocados no extremo superior deste e do que colga unha corda cun lazo ademais de existir un prado chamado “Chaira da Forca”. Outra proba é que ó pé da Torre de Vilamirón está a aldea de Vilamirón, lugar relacionado co lugar de Penamirón, onde se atopa un castro, e de aí a derivación do seu nome. Co paso dos anos, a proximidade da Torre de Quitapesares a Vilamirón deu como resultado a coñecida Torre de Vilamirón.[2]
No Couto de Pombeiro antes da súa integración no de Santo Estevo de Ribas de Sil, non estaba comprendido o lugar de Cotillón. Sábese con certeza que a torre foi edificada na área de xurisprudencia do Couto, polo tanto a aldea estaba incluída.[3] Xeograficamente é un lugar por onde pasa o Camiño Real proveniente de Bazal e próximos ós ríos Miño e Sil como ditara no seu día o Duque de Arjona.
Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán amósase no lugar da Torre de Vilamirón a Torre de Quitapesares.[4]
Lenda
[editar | editar a fonte]Na aldea da Torre de Vilamirón ao redor da Torre de Quitapesares existe a lenda, que explica desta forma o nome da torre medieval:
"A unha raíña de España desaparecéralle o seu fillo, buscándoo e buscándoo atopouno aquí e mandou construír unha torre chamándoa Torre de Quitapesares, ao quitarlle os seus males ao atopalo”.[Cómpre referencia]
Así a asociación cultural Segredos de Pantón, encargou unha banda deseñada sobre a devandita lenda. O cómic foi elaborado por El Fisgón histórico.
Planos
[editar | editar a fonte]No Arquivo Histórico Provincial de Ourense consérvanse os planos da edificación.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]O colectivo Segredos de Pantón levou a cabo recreacións en 3D da desaparecida Torre de Quitapesares, en base aos planos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A nova vida en 3D da Torre de Quitapesares". GCiencia. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018.
- ↑ "Mapa base Vectorial 2003". Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 1 de xullo de 2018.
- ↑ Lucas Álvarez e Lucas Domínguez, Manuel e Pedro (1996). El priorato bendictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media. Dos Castros. ISBN 847492815X.
- ↑ "Carta de Domingo Fontán". Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 1 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández de Viana y Vieites, J. Ignacio. (1994-1995) "Colección diplomática del Monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón". Deputación Provincial de Lugo, Servizo de Publicacións.
- Ferro Couselo, X. (1950-51): "La torre de Quitapesares y el duque de Arjona". Boletín del Museo Arqueológico de Orense, VI, pp. 101-21.
- Lucas Álvarez, L. e Lucas Domínguez P. (1996) "El priorato bendictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media". Galicia Medieval: Fontes.