Torrox
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Málaga | |||
Capital | Torrox | |||
Poboación | ||||
Poboación | 20.932 (2023) (410,43 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 51 km² | |||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 120 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Roque de Montpellier | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Francisco Muñoz Rico (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 29770 e 29793 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 29091 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | torrox.es |
Torrox é un concello español da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situado na Costa do Sol Oriental, a beiras do mar Mediterráneo e ao pé da Serra de Almijara. É a cabeza do partido xudicial que leva o seu nome e un dos municipios que conforman a comarca da Axarquía e a Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol-Axarquía.
O seu termo municipal ten unha superficie 51 km² que se estenden polo val do río homónimo, e unha poboación de 16.395 habitantes, segundo o censo do INE de 2008. Esta distribúese en dous núcleos diferenciados; o antigo núcleo de Torrox, situado no interior, e Torrox Costa, situado no litoral, onde se atopa a maior parte da poboación. Cabe mencionar que alberga a unha das maiores colonias de residentes alemáns de España.
Debido ás súas praias e infraestrutura turística é un lugar moi transitado durante os meses de verán. Os terreos agrícolas son dunha elevada produtividade grazas ao microclima subtropical da zona, que permite o cultivo de froitas tropicais como o aguacate, a manga ou o níspero, que se suman á produción de hortalizas e plantas ornamentais baixo plástico.
Crese que as orixes do Torrox están nunha cidade-factoría romana probablemente chamada Caviclum. Os árabes impulsaron a plantación das árbores da morera, convertendo a Torrox nun centro da industria da seda, que atendía a demanda dos mercados de Málaga e Granada, onde era moi apreciada. Tras a conquista castelá sufriu as consecuencias da rebelión dos mouriscos, a expulsión destes e as seguintes repoboacións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torrox |