TotalEnergies
TotalEnergies SE (anteriormente chamada Total) é unha compañía francesa dedicada á produción e subministración de enerxía. A súa sede atópase no distrito parisiense de La Défense.
Características
[editar | editar a fonte]É unha das sete maiores empresas produtoras de gas e petróleo no mundo (grupo coñecido co nome en inglés de supermajors), xunto con ExxonMobil, Eni, Shell, BP, Chevron e ConocoPhillips. É a primeira empresa francesa por facturación en 2015, a 5ª empresa de Europa e a 24ª do mundo, así como a 4ª por capitalización de mercado da zona do euro en 2015. As súas actividades abarcan toda a cadea de produción, desde a extracción de cru e gas natural a enerxía, incluíndo refino especial e distribución comercial.
Total é unha empresa que tamén actúa nos sectores de produción de enerxía e baixo consumo de carbono.
O Grupo Total está presente en máis de 130 países e conta con máis de 100.000 empregados, dos cales case o 25% están en Francia. Total tamén é unha grande empresa química.
En decembro de 2022, as ONG Friends of the Earth, Survie e outras catro ONG ugandesas enviaron ao grupo petroleiro Total aos tribunais e acusárono de violar a lei sobre o deber de vixilancia das grandes empresas francesas en materia de dereitos humanos e medio ambiente[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caramel, Laurence (7 de decembro de 2022 [actualizado o 8 de decembro de 2022]). "TotalEnergies de nouveau face à la justice pour son mégaprojet d’exploitation pétrolière en Ouganda". lemonde.fr (en francés). Consultado o 8 de decembro de 2022.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: TotalEnergies ![]() |