Trampa chinesa
Unha trampa chinesa é un tipo de xoguete, utilizado en forma de brincadeira tanto en nenos como en adultos. É un puzzle sinxelo que retén os dedos da vítima (xeralmente os índices) nun pequeno cilindro de tecido de bambú.
Deseño
[editar | editar a fonte]A reacción inicial da vítima é tirar os dedos para fóra, pero iso só reforza a trampa. O xeito de escapar da trampa é empurrar os extremos para o medio, o que amplía os ocos e libera os dedos.
Influencia cultural
[editar | editar a fonte]A trampa chinesa é tamén unha metáfora común para un problema que pode ser superado a través da relaxación, ou sexa, non tentar resolvelo pola forza; por exemplo, en Terapia de Aceptación e Compromiso.[1]. A trampa chinesa foi usada nunha serie de películas e series para televisión, incluíndo "This Little Wiggy", episodio da serie estadounidense The Simpsons.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eifert, Georg H. and Forsyth, John P. Acceptance & Commitment Therapy for Anxiety Disorders: A Practitioner's Treatment Guide to Using Mindfulness, Acceptance, And Values-Based Behavior Change Strategies. New Harbinger Publications, 2005, p. 146.
- ↑ Trampa chinesa nos Simpsons
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trampa chinesa |
A Galipedia ten un portal sobre: China |