Transamundo I
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII Spoleto, Italia |
Morte | 703 Spoleto, Italia |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duke of Spoleto (en) (663–703) |
Cónxuxe | Gisa von Benevent |
Fillos | Faroaldo II |
Pai | Teodelapo |
Transamundo I ou Trasimundo I foi conde de Capua e despois Duque de Spoleto entre 663 e 703. Foi fiel seguidor de Grimoaldo I de Benevento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Transamundo axudou a Grimoaldo a usurpar o reino dos longobardos. A cambio, Grimoaldo deulle á súa filla en matrimonio e concedeulle o ducado de Spoleto tras a morte de Attón. Transamundo gobernou xunto co seu irmán Wachilapo. Sucedeuno o seu fillo Faroaldo II tras un reinado de corenta anos.
Fontes
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono. Historia Langobardorum.
- Hodgkin, Thomas. Italy and Her Invaders. Volume VI.