Saltar ao contido

Transmisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Física, a transmisión é o fenómeno complementario da reflexión, da absorción e da dispersión.[1] Maniféstase tanto no tránsito de enerxía ou radiación de diferentes tipos, dun medio a outro ou por un medio non homoxéneo (complementaria á reflexión), como no tránsito por un medio homoxéneo (complementaria á absorción e á dispersión (en inglés scattering). Así chámase enerxía transmitida á parte da enerxía incidente que non é absorbida, nin reflictida, nin dispersada.

Transmisión de información (ou de sinais)

[editar | editar a fonte]

O medio de transmisión de datos[2] serve para ofrecer soporte ao fluxo de datos entre dous puntos. Usamos o termo liña para designar o medio de transmisión usado entre eses puntos. Esa liña pode ser dun par de fíos, un cabo coaxial, fibra óptica, comunicación por radio frecuencia ou ata mesmo por satélites. Desta forma, podemos afirmar que o ar é tamén un medio de transmisión.

Notas

  1. "transmisión". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-02-01. 
  2. "transmisión de datos (Informática, electrónica e electrotecnia)". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-02-01. 

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.