Transversalización de xénero
Transversalización de xénero,[1] Mainstreaming ou Enfoque Integrado de Xénero[2][3] é un concepto de política pública que consiste en avaliar as diferentes implicacións de calquera acción política sobre as mulleres e os homes, o que inclúe a lexislación e programas de calquera área ou ámbito. A transversalización ofrece unha abordaxe pluralista que valora a diversidade entre os homes e as mulleres. O concepto de transversalización de xénero foi inicialmente proposto durante a Terceira conferencia mundial sobre mulleres en Nairobi, Kenya. A idea foi impulsada pola comunidade de desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas e foi formalmente definida en 1995, na Cuarta Conferencia Mundial sobre Mulleres en Beijing, China. Esta idea tamén foi citada no documento que resultou da conferencia, a chamada "Plataforma de Acción de Beijing".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2019-09-16.
- ↑ Rocío Jiménez Cortés. "El mainstreaming de género en la universidad en Historia(s) de Mujeres" (PDF). Perséfone.(en castelán)
- ↑ "VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 2013-2015" (PDF). Xunta de Galicia. Consultado o 13 de xuño de 2019.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|