Trapecio
Un trapecio é un cuadrilátero con dous lados paralelos, e cos outros dous non paralelos. Os lados paralelos son as bases do trapecio (base maior e base menor) e a distancia entre eles denomínase altura. Denomínase mediana ao segmento que une os puntos medios dos lados non paralelos.
Tipos de trapecio
[editar | editar a fonte]Os trapecios respecto aos seus ángulos internos poden ser rectángulos, isósceles ou escalenos:
- Trapecio rectángulo: ten un lado perpendicular ás súas bases. Posúe logo dous ángulos internos rectos, un agudo e outro obtuso.
- Trapecio isóscele: ten os lados non paralelos de igual medida. Posúe logo dous ángulos internos agudos e dous obtusos, que son iguais entre si. É un cuadrilátero cíclico xa que a suma dos ángulos opostos é 180 °.
- Trapecio escaleno: non é nin isóscele nin rectángulo, é dicir, os seus catro ángulos internos posúen diferentes medidas.
Características dun trapecio
[editar | editar a fonte]- A lonxitude da mediana () dun trapecio é igual á semisuma das lonxitudes das súas bases ( e ).
- Nun trapecio isóscele os ángulos adxacentes a cada base teñen a mesma amplitude, e os ángulos opostos son suplementarios. As diagonais posúen igual lonxitude.
Cálculo da altura dun trapecio
[editar | editar a fonte]A altura () dun trapecio pode calcularse en función das súas bases ( e ) e dos lados ( e ), mediante a seguinte ecuación:
Onde é a base maior, é a base menor, e os lados non paralelos son e .
Área dun trapecio
[editar | editar a fonte]A área dun trapecio de bases e e de altura é igual á semisuma das bases pola altura.
- ( = base maior; = base menor; = altura).
Se só se coñecen as lonxitudes dos catro lados, entón podemos calcular a área así:
onde é a medida do lado de maior lonxitude e é o lado menor, para que tanto o denominador, como o valor da raíz, sexan números positivos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trapecios |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Áreas de trapecios en geometriadinamica.es (en castelán)
- Trapecios en MathWorld (en inglés)